MeteoGalicia

Unha plataforma permite ver o percorrido de cada pinga de chuvia caída en Galicia

Unha web permite facer o seguemento dos cursos fluviais dende calquera punto do mundo ata a súa desembocadura

Confirmado: o mes pasado foi o outubro máis cálido dende que hai rexistro

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) vén de confirmar que o mes pasado foi o outubro máis quente, cunha temperatura media de 18 ºC

Galicia viviu o outubro máis chuvioso dos últimos nove anos

No que atinxe ás temperaturas, no que levamos de ano non houbo ningún mes frío e soamente os de marzo, abril e xuño se poden considerar normais

Unha borrasca de grande impacto provoca choivas e ventos fortes en toda Galicia

Os servizos meteorolóxicos galegos e do Estado español alertan dos efectos adversos da borrasca Claudio durante este luns

Galicia rexistrou case 4.000 raios no segundo día máis treboento do outono

O aviso amarelo por choivas e ventos fortes continúa en varias zonas do país este xoves e o venres

Os expertos alertan dun posible ciclón extratropical que chegue a Galicia

Os meteorólogos informan que se están a dar condicións "moi favorables" para a creación dunha "potente e peculiar" borrasca nas Azores

O litoral galego entra en alerta laranxa pola perigosidade do vento

Esta madrugada Lugo e Muras rexistraron refachos de ata 115 km/h e Baiona ondas de case 4 metros de altura

Galicia rexistra máis de mil raios na noite máis dura do que vai de outono

Esta madrugada rexistráronse 1.159 lóstregos, precipitacións fortes, saraiba e ventos superiores aos 100 quilómetros por hora. O 112 rexistrou máis de 60 incidencias

A temperatura media en Galicia en setembro subiu 0,6 graos por riba da media histórica

O último informe de MeteoGalicia conclúe que o pasado mes caracterizouse por unha gran variabilidade, con anticiclóns intensos e borrascas atlánticas.

Unha nova ferramenta galega ofrece descricións en tempo real sobre a calidade do aire

A aplicación xera automaticamente textos en galego e castelán grazas a técnicas baseadas na intelixencia artificial

Así se forman no litoral galego as néboas que frustran os días de praia

Botas unha ollada pola ventá e pechas rapidamente os ollos. Un sol radiante cega a túa visión do exterior. Volves abrilos, paseniño, e decátaste...

Ata 15 graos de diferenza entre a costa galega e o Mediterráneo español

Os ventos do norte e nordés provocan o fenómeno do afloramento en Galicia, que mantén a temperatura a auga a niveis normais, incluso nas ondas de calor

Así foi a tormenta explosiva que sacudiu Galicia a noite do xoves

O sistema, que se formou en apenas unhas horas, provocou máis de 6.000 raios en todo o país nunha xornada que volveu bater récords de temperaturas

Galicia vive as primeiras noites tórridas da súa historia: “Irán a máis”

Varios puntos do país superaron os 25ºC de mínima, que nunca rexistrara tanta calor de madrugada, e que supón un risco para a saúde dos galegos

Galicia rompe récords históricos de temperaturas

A alerta vermella mantense hoxe en Valdeorras e nas zonas do Miño en Ourense e Pontevedra, que volverán superar os 40 graos

Estas foron as últimas vagas de calor que superaron os 40 graos en Galicia

Dende o ano 2000 houbo ata cinco episodios de calor extrema similares aos que se están a vivir esta semana na comunidade