Cambio climático en Galicia: a ciencia fala 

Cinco expertos analizan as consecuencias do quecemento global en territorio galego tras a finalización do Cumio do Clima de Exipto


O cambio climático xa está aquí e veu para quedarse. Esa é a principal conclusión dos investigadores e expertos en meteoroloxía que, pocos días después de finalizada o Cumio do Clima de Exipto, analizan para GCiencia cales son os principais efectos que o quecemento global está a ter en Galicia. A longa vaga de calor deste verán e a ameaza de seca en moitos puntos do país pola ausencia prolongada de precipitacións non son máis que dous advertencias sobre os efectos que o cambio climático está a ter no tempo na comunidade autónoma. 

Máis alá dos distintos tipos de análises que se poidan facer, o qos datos falan con claridade. A temperatura media en Galicia medrou case un grao dende 1962 ata 2021 e iso é un sinal preocupante do que está a ocorrer. No que atinxe ás precipitacións, o acumulado anual non rexistra grandes variacións nas últimas décadas pero si que hai cambios en canto ao xeito en que se producen as choivas. Son máis habituais as precipitacións torrenciais e menos prolongados os períodos de orballo. 

Publicidade

Evolución da temperatura media en Galicia dende 1962 ata 2021. Fonte: Meteogalicia

Expertos en meteoroloxía como o responsable de Meteogalicia, Juan Taboada, ou o delegado de AEMET en Galicia, Francisco Infante, coinciden en que a comunidade autónoma vai a seguir rexistrando estes efectos do cambio climático, máis alá de que haxa acordos internacionais para limitar o quecemento global. Expertos coma Fidel González, da Universidade Complutense de Madrid, tamén coinciden en sinalar que Galicia ten condicións xeográficas e naturais que poden protexela das consecuencias máis desfavorables do cambio climático, fronte ao que probablemente poida ocorrer no sur da Península Ibérica. 

Os efectos do quecemento global xa se están a ver en aspectos como a maior virulencia dos incendios forestais ou as dificultades que afronta a actividade marisqueira polo perda de salinidade da auga coas choivas torrenciais e o incremento da temperatura da auga durante as vagas de calor. A catedrática da UVigo Celia Olabarría comenta estes aspectos no pódcast. 

Precipitación acumulada anual en Galicia dende 1961 ata 2021. Fonte: Meteogalicia

No que si coinciden todos os expertos consultados é que os cidadáns galegos deben facer a súa contribución para reducir a pegada de carbono e así axudar a reducir os efectos do quecemento global. A conclusión final é que non hai motivos para pensar en que Galicia vai a ser unha das zonas máis afectadas polo cambio climático, pero tampouco poden desprezarse os efectos que o aumento de temperaturas vai a ter para o país nas próximas décadas. 


Cambio climático en Galicia: a ciencia fala

Dispoñible nas seguintes plataformas de pódcast: Google Podcasts, SpreakerSpotifyiHeartDeezer e Podchaser

1 comentario

  1. Os datos son datos e ahí están pero por favor por rigor periodístico podedes por a escala dende o cero, e moi fácil manipular a perspectiva. Tamén e moi interesante ampliar a cantidade de anos para ver mellor a evolución.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.