O mar mergulla o paseo marítimo de Riazor na Coruña durante a alerta laranxa

O temporal costeiro prolongarase durante todo este xoves ata ben entrada a madrugada segundo os servizos meteorolóxicos galegos

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Segunda da Xunta vén de activar para este xoves unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego. E con razón. Esta tarde o forte temporal mareiro levantou ondas que chegaron a mergullar, por momentos, o paseo marítimo de Riazor.

Estado do paseo marítimo de Riazor durante a tarde deste xoves | Vía @silcerino

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa comezou este mediodía por mar combinada do noroeste con ondas de cincco metros no noroeste e oeste da costa coruñesa e na Mariña lucense, esténdose nas últimas horas da tarde tamén ao suroeste da Coruña e o litoral da provincia de Pontevedra.

Publicidade

Dende os distintos organismos meteorolóxicos lembran á cidadanía a importancia de mantérense afastados da liña de costa. Isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

A duna de contención de Riazor

Hai apenas unhas semanas, o Concello da Coruña volveu crean unha montaña dun tres metros de altura na praia de Riazor. O obxectivo sempre é que esta duna actúe como unha barreira de contención fronte ao forte mar de outono e inverno e impida que as ondas cheguen ao paseo marítimo os días de forte temporal. Mais en días como o este xoves, demóstranse insuficientes.

Publicidade

A duna artificial leva case trinta anos construíndose na popular praia coruñesa, ubicada en pleno centro da cidade do vento. Levantouse por primeira vez en febreiro de 1995. Fixérono logo de que, un ano antes, un violento temporal levara por diante cen metros da balaustrada de pedra que antigamente había no paseo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Catro días de incógnita

Días antes da eclipse do 12 de agosto, a meteoroloxía e a nubosidade seguen a ser as preguntas máis frecuentes para asegurar a observación. Por Andrea Veiga

Que tempo fará o día da eclipse? Así apuntan as primeiras previsións para o 12 de agosto en Galicia

Os modelos apuntan a ceos maioritariamente despexados, aínda que nubosidade segue a ser a grande incógnita, cunha fiabilidade aínda limitada

Un minuto e moitas incógnitas: a nubosidade media nas últimas tres décadas foi do 30% para o 12 de agosto

O meteorólogo Benito Fuentes indica que as formacións baixas e unha cobertura do 35% son as principais ameazas para a observación

Os mapas dos temporais máis extremos de Galicia: Copernicus reconstrúe 80 anos de datos atmosféricos

A ferramenta europea Weather Replay permite analizar episodios históricos mediante simulacións meteorolóxicas interactivas