Publicidade

GCiencia gaña o Premio Mil Primaveras ao fomento do galego

O certame recoñece a GCiencia a creación dun "espazo de uso normalizado" no eido científico, "o que contribúe a desmontar prexuízos sobre a lingua

O xurado dos premios Mil Primaveras, convocado pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística (CTNL), e que recoñece proxectos que apostan por valorar e fomentar a lingua galega, anunciou este mércores os proxectos gañadores do certame, apoiado económicamente pola Deputación de Pontevedra. E o portal GCiencia foi unha das seis iniciativas galardoadas noutras tantas categorías, unha semana despois de recibir o Premio Rosalía de Castro neste mesmo ámbito, convocado nese caso pola Deputación da Coruña.

Este portal foi recoñecido na categoría dun ámbito sectoral concreto, neste caso a divulgación científica, “por crear un espazo de uso normalizado para o galego nun ámbito de especial relevancia e prestixio, o que contribúe a desmontar prexuízos sobre a utilidade da lingua e reforza o dereito a termos contidos de todo tipo no noso idioma”, segundo a acta do xurado.

Publicidade

O xurado valorou tamén o traballo de GCiencia na “difusión de terminoloxía científico-técnica en galego”

Neste sentido, desde Mil Primaveras salientouse que sexa un medio líder no sector da información científica desde a perspectiva galega e que favoreza a difusión do traballo de promoción da lingua no ámbito científico de centros educativos, asociacións e outras entidades”, así como o recoñecemento ao “seu labor na difusión de terminoloxía científico-técnica en galego”.

Desde os Mil Primaveras recoñécese tamén o acento de GCiencia no “coidado da lingua e rigor terminolóxico”. Saliéntase tamén “a súa eficacia comunicativa e impacto social e que favorece, a través das diferentes seccións, tanto a difusión do labor científico que se realiza en Galicia como a información universal desde unha perspectiva galega”.

Publicidade

Os premiados

O Premio Mil Primaveras naceu para valorar, recoñecer e difundir accións, campañas, programas e proxectos que teñen como obxectivo principal a posta en valor e o fomento da lingua e a procura do incremento do seu uso e/ou prestixio, en xeral ou en ámbitos determinados. Así, establece seis categorías, que recaeron da seguinte forma:

Mellor proxecto estabilizado: Modelo Burela, do IES Perdouro, por abordar a acollida lingüística como estratexia de integración social.

Mellor proxecto novo: Falemos de ti e min: a cultura galega desde unha perspectiva integradora, do IES de Soutomaior, unha iniciativa integrada todo o ano no centro e dirixido á totalidade do alumnado.

Mellor comunicación e impacto: Desafío 48h, do IES María Casares de Oleiros, por captar a atención dun grande número de persoas e incentivar o uso do galego de maneira positiva.

Mellor proxecto innovador: Proxecto Youtubeiros, por abordar un medio prioritario para o futuro do idioma.

– Fomento do galego na infancia e/ou mocidade: IES de Melide, por ofrecer un modelo de traballo de calidade para a detección de necesidades concretas en contextos galegofalantes.

O xurado dos Premios Mil Primaveras estivo formado por Daniel Romero Rodríguez, técnico de normalización lingüística do Concello de Fene, Rosario Pérez Magdalena, técnica do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, Ana Iglesias Álvarez, investigadora e docente na Universidade de Vigo, María Yáñez Anllo, xornalista e directora da revista dixital Vinte, e Anxos Sobriño Pérez, presidenta da CTNL.

Os Premios Mil Primaveras non teñen dotación económica. Consisten no recoñecemento e na ampla difusión das accións, programas ou proxectos escollidos polo xurado. Para axudar a dar a coñecer os proxectos premiados, organizarase un acto público de entrega que terá lugar en Pontevedra o 21 de setembro de 2019, no que colaborará o concello da cidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:38:07

“As zonas máis afectadas polo ‘Prestige’ rexistraron o maior consumo de ansiolíticos de España”

A catedrática da USC María Loureiro, experta en economía ambiental, participa na terceira sesión do ciclo Ciencia en feminino
00:38:07

EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Entrevista con María Loureiro

A catedrática da USC é directora científica do centro interuniversitario ECOBAS e a primeira economista en recibir o Premio Wonenburger
00:53:24

“As mulleres temos que dar un ‘pelotazo’ para ser visibles”

As científicas galegas María Tubío, María José Ginzo e Cintia Folgueira participaron na primeira mesa redonda de 'Ciencia en feminino' para falar sobre a situación das mulleres científicas
00:53:24

EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Ser científica no século XXI

As doutoras María Tubío, María José Ginzo e Cintia Folgueira participan na segunda sesión de 'Ciencia en feminino' para falar sobre os avances e os retos das mulleres científicas