Somos I+G+i

Química sostible dende o CiQUS: como será a enerxía do futuro?

A investigadora María Giménez López, co apoio do programa Oportunius da Xunta, desenvolve materiais híbridos e baterías innovadoras para un almacenamento eficiente e respectuoso co medio

A arqueóloga que descubriu a súa paixón aos 12 e hoxe lidera un proxecto ERC dende Galicia

A investigadora do CRETUS Olalla López Costas avanza na investigación sobre paleocontaminación grazas ao apoio do programa Oportunius da Xunta

Da morriña á innovación: o regreso de Daniel Nieto para imprimir órganos en Galicia

A través do programa Oportunius da Xunta de Galicia, o investigador do CICA impulsa tecnoloxías pioneiras de bioimpresión dende A Coruña

Kiur, o software que combina IA e redes neuronais para apoiar aos sanitarios galegos

A ferramenta facilita a detección, análise e recomendación de tratamentos de feridas crónicas en persoas maiores, mellorando a eficiencia e a calidade asistencial

Serenia, o chatbot galego que enfronta a soidade non desexada

Un proxecto nacido na Universidade de Vigo, impulsado co apoio do programa Ignicia da Xunta de Galicia, evoluciona cara a unha spin-off que combina tecnoloxía e coidado emocional dos maiores

Galicia avanza cara un composto innovador con eficacia contra as células nai do cancro

O proxecto MEDICS do CIQUS, inicialmente apoiado polo programa Ignicia da Xunta de Galicia, desenvolve terapias innovadoras de baixa toxicidade para tratar tumores como os de colon ou páncreas

Do bicho da fariña ao envase sostible: a tese galega que transforma insectos en biofilms

Un proxecto da Universidade de Vigo e Cifga, apoiado polo programa Doutoramentos Industriais da Xunta de Galicia, explora o uso do escaravello ‘Tenebrio molitor’ para desenvolver materiais biodegradables de baixo impacto ambiental

Unha nova esperanza para deter a metástase no cancro dende A Coruña

O proxecto Canther do INIBIC, co apoio do programa Ignicia da Xunta de Galicia, impulsa un fármaco pioneiro que podería frear a propagación tumoral en cancro de colon, gástrico e de pulmón

Galicia impulsa unha nova era dixital coa combinación de ‘edge computing’ e 5G

Investigadores da Universidade de Vigo están a desenvolver edgeContinuum, unha plataforma pioneira, financiada a través do programa Ignicia da Xunta de Galicia, para optimizar custos e mellorar o control sobre os datos

Proxecto GOTIS: así é o fármaco galego que pode reducir as lesións do ictus isquémico

Un equipo do IDIS, apoiado polo plan Ignicia da Xunta, entra na fase preclínica para protexer ás neuronas dunha posible obstrución

Do mar ao prato: o aproveitamento integral das algas galegas con fins saudables

A doutoranda Isa Ingrez investiga novas tecnoloxías verdes de extracción coa conserveira Porto-Muíños e a Universidade de Vigo, co apoio do programa Doutoramentos Industriais da Xunta

MytUniSex impulsa as liñas unisex que marcarán o futuro do mexillón galego

O proxecto da Universidade de Vigo, beneficiario do programa Ignicia da Xunta, permite producir semente en laboratorio e escoller exemplares máis atractivos para o mercado a través da selección xenética natural

Hifas da Terra, Saega e Grupo LIA (2) reciben os premios Spin-Off PuntoGal de GCiencia

A alcaldesa de Santiago, o presidente da RACG e representantes das universidades galegas estiveron entre as autoridades que asistiron ao acto

Os texturizantes que nacen das algas mariñas e crean riqueza en Galicia

Ceamsa é unha empresa galega líder no sector. Traballa con hidrocoloides naturais que aportan múltiples propiedades aos alimentos que consumimos diariamente

Estes vexetais nacen nun laboratorio de Vigo pero co sabor da horta

A empresa Néboda cultiva alfábega, rúcula e mostaza seguindo a modalidade da agricultura vertical de interior

Un Google Earth en tempo real: así é o software galego para actuar ante as emerxencias

A empresa Beagle Technologies usa a tecnoloxía 3D para crear cartografías do terreo o máis completas posible e facilitar a toma de decisións