GCiencia gaña o Premio da Crítica de Galicia

GCiencia gañou o Premio da Crítica de Galicia 2020, na súa categoría de Iniciativas Culturais e Científicas, segundo anunciou hoxe o xurado destes prestixiosos galardóns.

O xurado fixo público un comunicado no que outorga o premio ao portal GCiencia, nunha terna de finalistas na que tamén figuraban a Fundación Vicente Risco e Polo correo do vento.

Publicidade

O xurado salientou a aposta do portal web GCiencia “polo fomento e transmisión de contidos científicos e tecnolóxicos en lingua galega e dirixidos a un público xeralista. Recoñecemos a traxectoria dun proxecto codirixido desde 2013 polos xornalistas Eduardo Rolland e Pablo López e que acada un tráfico de máis de cinco millóns de páxinas vistas ao mes. Ademais, o xurado valora a relevante achega que supón este portal para normalizar o uso do noso idioma tanto na ciencia como na rede, alén de promocionar os valores humanistas da propia ciencia”.

O xurado quixo salientar, asemade, os valores que atesouran os outros dous finalistas. En primeiro lugar valorou na Fundación Vicente Risco a defensa da figura extraordinaria de Risco a través dun plural abano de actividades que promove unha constante análise crítica arredor da súa obra, alén de inculcar os valores culturais fronte á aculturación. En segundo lugar, en canto ao proxecto Polo Correo do Vento, un colectivo especializado na realización de actividades dirixidas a un público novo, salientamos a intensa promoción da lectura, o traballo realizado a prol da comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos na nosa lingua.

Publicidade

O xurado da categoría estaba integrado por Rosario Álvarez Blanco, presidenta do Consello da Cultura Galega e membro da RAG; Alfredo Conde Cid, escritor; Avelino Muleiro García, catedrático de Filosofía, director do Instituto de Estudos Carballineses; Cristina Novoa Fernández, mestra, traballadora do ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura; Susana Pedreira Buján, xornalista de Onda Cero; Felipe Senén, escritor, presidente de Terras Ártabras e Ramón Nicolás, secretaría, Premios da Crítica de Galicia.

GCiencia foi distinguido en 2019 co Prisma ao Mellor Novo Medio, o premio da divulgación científico de maior prestixio en España. Ao longo da súa traxectoria, iniciada en novembro de 2013, hai agora sete anos, conseguiu outros galardóns como o de Xornalismo Dixital do Foro da Comunicación de Galicia (2015), o Galicia de Xornalismo Científico da Real Academia Galega de Ciencias (2017), o Mil Primaveras da Coordinadora de Traballadores de Normalización dá Lingua (2019) e o Rosalía de Castro de Cultura Galega que outorga a Deputación da Coruña (2019), ademais de resultar finalista dos Premios da Crítica de Galicia ou da feira de actividades culturais Culturgal.

Galardóns

  • Prismas 2019. Premio de maior prestixio en España á divulgación científica. Mellor Novo Medio.
  • Rosalía de Castro 2019. Concedido pola Deputación da Coruña pola contribución de GCiencia ao uso do idioma galego
  • Premio de Xornalismo Dixital 2015. Concedido polo Foro da Comunicación de Galicia
  • Mil Primaveras 2019. Concedido pola Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística polo uso do galego.
  • Premio Galicia de Xornalístico Científico 2017. Concedido pola Real Academia Galega de Ciencia pola reportaxe A ataxia SCA36, o mal sen cura da Costa da Morte
  • Premio Iprox 2013. Concedido polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia ao proxecto GCiencia.

Ata 5,5 millóns de visitas mensuais

GCiencia pecha 2020 con máis de 24 millóns de visitas, con picos de ata 5,5 millóns de visitas mensuais, e con máis de 2 millóns de visitantes únicos acumulados. Son datos que o sitúan na cabeza entre os nativos dixitais en Galicia, como quinto medio de Galicia na internet, incluídos os xeralistas con versión papel.

GCiencia é líder dixital en redes sociais. GCiencia reúne á maior comunidade de seguidores sociais de todos os medios dixitais de Galicia, pero é ademais o terceiro de Galicia de todos os medios, só por detrás dos dous grandes xeralistas da comunidade autónoma. Son 68 411 seguidores en Facebook, máis 11.593 en Twitter e 8.414 en Instagram, aos que hai que sumar varios miles de contas asociadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Copernicus revela un récord de emisións polos incendios forestais en Portugal

Os lumes deste mes liberaron ata 1,9 megatoneladas de partículas e compostos daniños á atmósfera

▪️ Como afecta ao corpo humano a exposición ao fume dos incendios

O transporte masivo de partículas tóxicas activa en Galicia alertas pola mala calidade do aire nos concellos de Vigo e de Cee

Galicia vive unha semana de récord con mareas vivas históricas

Este xoves, as mareas vivas sacudirán as augas galegas a causa da aliñación de Terra, Lúa e Sol nun mesmo plano, con efectos maiores sobre a ría de Foz

▪️ Así avanzan os incendios: unha aplicación permite seguir a evolución en tempo real

A aplicación de Pyro, baseada nos datos dos satélites MODIS e VIIR da NAS, visualiza os lumes activos de cada concello