Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

A Xunta facilita o acceso ao fármaco Lenzetto mediante a fórmula de acceso ao “medicamento estranxeiro”, tras rexistrarse o desabastecemento deste fármaco no mercado español. Así o anunciou Luis León, xerente do Servizo Galego de Saúde, unha incidencia que está a ser xestionada pola Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS). Así, as pacientes galegas contan na actualidade con dúas vías principais para non ter que suspender o seu tratamento: o procedemento de medicamento estranxeiro e as alternativas do medicamento.

A través da colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e as catro Delegacións Territoriais da Consellería de Sanidade, é posible tramitar unha solicitude para que Lenzetto sexa subministrado desde o estranxeiro. Así, ata o pasado 2 de novembro o departamento sanitario da Xunta xestionou as solicitudes de Lenzetto ao estranxeiro dun total de 84 pacientes galegas —50 da Coruña, 18 de Pontevedra, 10 de Ourense e 6 de Lugo—.

Publicidade

A segunda das posibilidades é o acceso ao tratamento Evopad, unha alternativa terapéutica transdérmica que tamén está financiada polo sistema nacional de saúde, a pesar de que tamén estivo baixo réxime de escaseza dende o 16 de marzo ata outubro. A AEMPS prevé a volta de Lenzetto ao mercado durante a segunda quincena de novembro, o que posibilitará avanzar nunha recuperación progresiva da saa subministración.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro

Científicos galegos e arxentinos desvelan o potencial do cacho de gambón para protexer a retina

Un estudo desenvolve nanopartículas antioxidantes derivadas de residuos pesqueiros con resultados prometedores en probas in vitro

Cando Anne Carson percorreu (e describiu) o Camiño de Santiago

Unha análise da viaxe da Premio Nobel de Literatura plasmada na súa obra ‘Tipos de auga’. Por Carmen García Navarro