As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro

As emisións bioxénicas de dióxido de carbono (CO₂) proceden do uso enerxético de residuos orgánicos, biocarburantes e biomasa (leñas, pellets, restos de talas,…). Diferéncianse das emisións de CO₂ orixinadas na combustión de petróleo, gas natural e carbón en que o carbono emitido foi previamente captado da atmosfera pola vexetación, mais son igualmente prexudiciais para o clima. Un informe elaborado polo Observatorio Galego para a Acción Climática indica que as emisións de CO₂ bioxénico medraron un 64% con respecto a 1990, o principal ano de referencia para as políticas climáticas. Pola contra, o resto das emisións de gases de invernadoiro baixaron un 42%, por causa sobre todo do abandono do carbón na produción eléctrica. As emisións bioxénicas de CO₂ non se suman ao resto de emisións de gases de efecto invernadoiro, aínda que si se calculan nos inventarios oficiais.

Por primeira vez, este ano disponse de estimacións das emisións bioxénicas de CO₂ para Galicia, ao presentar o máis recente inventario de contaminantes atmosféricos do Ministerio para a Transición Ecolóxica datos desagregados por comunidades autónomas. As emisións bioxénicas de CO₂ ascenderon a 3,3 millóns de toneladas durante 2024, e trátase dunha cifra elevada que supera amplamente a suma das emisións de gases invernadoiro orixinadas polo consumo de enerxía fósil en fogares, comercios, institucións e sector primario —2,4 millóns—. Se se computasen as emisións bioxénicas de CO₂, as emisións brutas (sen descontar absorcións) de gases de invernadoiro en Galicia serían un 20% superiores ás contabilizadas oficialmente en 2024.

Publicidade

De onde procede?

A industria (principalmente a madeireira e a celulosa ENCE) e os fogares (maiormente rurais) achegan conxuntamente uns dous terzos das emisións actuais de CO₂ bioxénico. Na industria as emisións proceden da combustión de astelas, codias de árbores ou subprodutos da fabricación de pasta de papel e nos fogares da queima de leñas e pellets. Mentres que as emisións domésticas diminuíron un 40% con respecto a 1990, as da industria duplicáronse. 

As emisións de CO₂ bioxénico non se consideran nos obxectivos gobernamentais de redución de emisións de gases causantes de cambio climático mais é importante minimizalas todo o posíbel para acelerar a mitigación da crise climática e, de paso, mellorar a calidade do aire. As emisións de CO2 bioxénico sempre van acompañadas de partículas e doutros contaminantes tóxicos. As vías para reducir as emisións bioxénicas de CO2 son, xunto co aforro de enerxía e a diminución do desperdicio alimentario, un maior desenvolvemento das enerxías renovábeis non contaminantes en detrimento da biomasa; o impulso da electrificación do consumo enerxético en fogares, industria e transporte; e a recolla separada e compostaxe dos residuos orgánicos urbanos, en lugar da súa incineración para a produción de electricidade.


Podes consultar o informe As emisións bioxénicas de CO2 en Galicia (1990-2024) na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un novo recurso didáctico creado na USC conecta o patrimonio musical galego co Camiño de Santiago

O material reúne dez arranxos de música do percorrido francés e propostas para traballar este repertorio das aulas de Primaria e Secundaria

Unha autopista de humidade acende en Galicia alertas laranxas e amarelas por chuvia e vento

A sucesión de borrascas atlánticas deixará máis de 50 l/m2 en menos de 12 horas no oeste da comunidade e refachos de ata 100 km/h

Dúas xeracións únense para rescatar do abandono a historia da batería militar de Cabo Silleiro

Jesús Moreira, quen realizou o servizo en 1971, e o seu fillo Diego impulsan unha recollida de sinaturas para converter o antigo cuartel nun espazo cultural

Unha curtametraxe sobre os tesouros agochados baixo o mar da Mariña-Ortegal conquista Donosti

O biólogo focense Carlos Gil dá a coñecer a biodiversidade dos fondos galegos cun galardón no Ciclo Internacional de Cine Submarino de San Sebastián