Así se ve un volcán en erupción desde a Estación Espacial Internacional

Os astronautas captaron unha espectacular imaxe do volcán Raikoke, nas illas Kuriles, entre a península de Kamchatka, en Rusia, e o Xapón

O pasado 22 de xuño, despois de 95 anos nun estado latente, o volcán Raikoke entrou en erupción. Este cono situado nas Illas Kuriles, un arquipélago que se estende entre a península rusa de Kamchatka e o norte de Xapón, comezou a expulsar un penacho de cinzas e gases a centos de metros de altitude. Pouco a pouco estes materiais volcánicos tomaron altura, e chegaron a ser visibles desde a Estación Espacial Internacional. Os materiais expulsados polo volcán chegaron a acadar, segundo os cálculos do satélite Calipso, uns 17 quilómetros de altura.

Desde os 400 quilómetros sobre a superficie do planeta nos que orbita a Estación, os astronautas captaron estas abraiantes imaxes. Como curiosidade, a fotografía realizouse só dous días antes do regreso á terra dos tripulantes Anne McClain, Oleg Kononenko e David Saint-Jacques. Na actualidade fican a bordo Christina Koch, Aleksey Ovchinin e Nick Hague, aos que se unirán en xullo Aleksander Skvortsov, Luca Parmitano e Drew Morgan.

Publicidade

Do mesmo xeito, varios satélites tamén retrataron a nube de cinzas e gases. Así, o sistema MODIS do satélite Terra, da NASA; retratou a nube desprazándose cara ao leste, empurrada por unha tormenta. O mesmo sistema tamén captara en marzo deste ano o incendio de Rianxo e Dodro.

Imaxe do volcán Raikoke captada desde o satélite Terra da NASA polo instrumento MODIS. Fonte: NASA.
Imaxe do volcán Raikoke captada desde o satélite Terra da NASA polo instrumento MODIS. Fonte: NASA.

Despois dun incremento inicial da actividade, que incluíu varias explosións, a actividade do Raikoke foi diminuíndo e a nube foise espallando cara ao Pacífico. Unha nube que, segundo advertiron as autoridades e centros de investigación, podería ser perigosa para as aeronaves, xa que contén fragmentos afiados de rochas e vidros do volcán.

Publicidade

Por outra banda, outros sistemas, como o satélite Goes West da axencia estadounidense NOAA rexistraron con gran detalle como a nube do volcán Raikoke se foi mesturando coa tormenta, alcanzando unha superficie importante do Pacífico norte.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

Un estudo da USC constata efectos respiratorios persistentes cinco anos despois da erupción da Palma

A investigación incluíu máis de 600 participantes e comparou a evolución de poboación exposta e non exposta dentro da illa

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo