Conta atrás para o regreso de Artemis II: calor extrema, silencio e amaraxe no Pacífico

A tripulación da nave espacial Orion revisa os protocolos finais e prevé o descenso fronte á cidade de San Diego na madrugada do sábado, hora española

A tripulación de Artemis II xa se prepara para o momento máis crítico da súa viaxe: o reingreso á atmosfera terrestre. O xoves 9 de abril foi o último día completo de Reid Wiseman, Victor Glover, Christina Koch e Jeremy Hansen no espazo, e revisaron os procedementos de reingreso e amaraxe. A NASA ten previsto que os astronautas caerán sobre o océano Pacífico ás 2:07 da madrugada do sábado 12 de abril en España, fronte á cidade de San Diego. 

Vinte minutos antes de que inicie o descenso, programado para ás 1:53 horas —7:53 horas na costa do Pacífico—, o módulo de servizo separarase da nave. Unha queima final axustará a traxectoria de voo. Así, seguindo o plan da NASA, Orión acadará a súa velocidade máxima, a 40.235 quilómetros por hora (km/h), chegando a temperaturas de 2.760ºC que porán a proba o escudo térmico da nave espacial. Non é o único reto: enfróntanse tamén a forzas G de ata 3,9. Como solución, os astronautas aseguraron o interior da nave e instalaron os seus asentos de reentrada. 

Publicidade

Coa entrada na atmosfera, a uns 400.000 pés da Terra, Orión perderá a comunicación durante seis minutos. Preto dos 22.000 pés, despregaranse os paracaídas, que reducirán a velocidade ata uns 493 km/h. Despois, chegará o impacto co Pacífico.

Que pasará despois?

Nas dúas horas seguintes, a tripulación será extraída de Orión polos dispositivos da NASA e as Forzas Armadas que descansan dende o xoves no lugar: avións de transporte C-17, helicópteros da Mariña e ata sete aeronaves de seguimento están preparadas para intervir, co apoio de bases como Pearl Harbor. Inicialmente, se todo vai como está previsto, os astronautas serán trasladados, ao USS John P. Murtha, onde serán sometidos a avaliacións médicas antes de abordar no avión con destino ao Centro Espacial Johnson da NASA en Houston.

Publicidade

O plan B

A gran pregunta é que pasará se se escoita un “Houston, temos un problema”. A NASA ten plans de continxencia no caso de que algo saia diferente, como, por exemplo, que o amaraxe teña lugar fóra da zona prevista. Con todo, quedan horas para poder coñecer como remata este —polo de agora— exitoso viaxe á Lúa.

A tripulación de Artemis II toma un tempo para unha aperta grupal dentro da nave espacial Orion de volta á casa. Foto: NASA
A tripulación de Artemis II toma un tempo para unha aperta grupal dentro da nave espacial Orion de volta á casa. Foto: NASA

Podes ver a retransmisión en directo da NASA na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo