De Apolo a Artemis: cincuenta anos de misións lunares a través das súas imaxes

As fotografías tomadas polas tripulacións da NASA ao longo dos anos documentan os primeiros sobrevoos do satélite

Tras o sobrevoo lunar levado a cabo con éxito no sexto día de misión, a tripulación de Artemis II xa está de regreso á Terra. Con todo, para que a NASA puidese levar a Reid Wiseman, Christina Koch, Victor Glover e Jeremy Hansen á Lúa, existiron precedentes hai máis de cincuenta anos. Foi así como Frank Borman, James Lovell e William Anders acadaron este logro na misión Apolo 8 en 1968, e Eugene Cernan, Ronald Evans e Harrison Schmitt na Apolo 17, lanzada en 1972. Durante as tres viaxes, os astronautas puideron observar as vistas da Terra dende o satélite, cunha comparativa que amosa que, aínda que pasaron os anos, nada cambiou. Pero cales son as herdanzas que deixan estas misións en Artemis II?

O inicio das misións tripuladas

Cando falamos de misións tripuladas ao espazo, cabe destacar a Apolo 8. Foi a primeira misión tripuplada en saír de órbita terrestre, chegar e orbitar a Lúa. Así, Borman, Lovell e Anders sentaron todos os antecedentes de Artemis II: foron os primeiros humanos en ver a Terra completa, o lado oculto da Lúa, e os primeiros en ver o amencer dende o satélite. Tardou tres días en chegar e orbitou dez veces ao longo de 20 horas. De feito, o éxito desta misión levou ao humano á Lúa con Apolo 11 en 1969 nun contexto de marcada rivalidade coa Unión Soviética durante a Guerra Fría.

Publicidade

Fotografía 'Salida da Terra' tomada polo astronauta William Anders o 24 de decembro de 1968 dende Apolo 8. Foto: NASA
Fotografía ‘Salida da Terra’ tomada polo astronauta William Anders o 24 de decembro de 1968 dende Apolo 8. Foto: NASA

Tecnoloxías herdadas de Apolo 17

Con só catro anos de diferenza chegou a misión Apolo 17, a última misión do programa Apolo da NASA e tamén a última na que os humanos camiñaron na Lúa. Durante tres días, os astronautas Cernan e Schmitt completaron tres paseos lunares, tomando mostras e depregando instrumentos científicos.

Agora, coa era Artemis iniciada como sucesión de Apolo —irmán xemelgo de Artemisa, de onde vén o nome desta nova xeración da NASA—, a cápsula Orión logra superar moitas das barreiras establecidas nesta última misión. O primeiro é a escaseza de espazo no módulo de tripulación, solucionado en maior medida con máis estancias habitables. En 1972, a xeración de enerxía levábase a cabo mediante pilas de combustible, algo que agora se soluciona con enerxía renovable, concretamente con paneis solares.

Publicidade

Vista da Terra crecente minguante vista sobre o horizonte lunar sobre o cráter Ritz. Foto: NASA
Vista da Terra crecente minguante vista sobre o horizonte lunar sobre o cráter Ritz. Foto: NASA

As telecomunicacións tamén avanzaron nos últimos cincuenta anos: en Apolo 17 había un único computador de a bordo cuns poucos quilobytes de memoria total, subtituído na actualidade por múltiples computadoras con millóns de veces máis de memoria e procesamento. As comunicacións eran moi básicas, concentradas nun sinal de radio na banda S de aproximadamente 2 Ghz. Hoxe, Artemis II conta cunha infraestrutura con maior ancho de banda e fiabilidade que permite aos astronutas comunicarse por voz, telemetría e realizar a transmisión de datos científicos complexos cara a Houston.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo