A galega Zendal logra luz verde para comercializar a primeira vacina trivalente contra a lingua azul

A Axencia Europea de Medicamentos valida o fármaco destinado a ovinos fronte a varios serotipos do virus polos posibles efectos sanitarios e económicos

O grupo biofarmacéutico Zendal recibiu a autorización de comercialización por procedemento centralizado por parte da Axencia Europea de Medicamentos (EMA) da primeira vacina trivalente fronte aos serotipos 1, 4 e 8 do virus da lingua azul. Esta permite a inmunización activa do gando ovino para previr a viremia causada polos serotipos. A vacina pasa a formar parte do amplo catálogo de vacinas monovalentes e bivalentes fronte á lingua azul que o grupo ten actualmente autorizadas

Este avance supón un fito relevante no ámbito da sanidade animal, ao ofrecer unha solución eficaz contra tres dos serotipos con maior impacto epidemiolóxico, que poden circular de forma simultánea e xerar importantes consecuencias sanitarias e económicas na cabana gandeira. O enfoque trivalente terá un impacto positivo nas explotacións ao optimizar a xestión sanitaria, simplificando as campañas de vacinación. Isto tradúcese nun impacto positivo tanto desde o punto de vista sanitario como económico e loxístico.

Publicidade

O control eficaz de enfermidades como a lingua azul non só protexe a cabana gandeira, senón que contribúe á sustentabilidade do sistema agroalimentario, reduce o impacto económico no sector e reforza a seguridade sanitaria nun contexto de crecente presión epidemiolóxica e cambio climático. Vetia Animal Health, filial de Zendal especializada en sanidade animal, será a encargada de comercializar en España e Portugal a nova vacina.

Liderado consolidado

Zendal conta cunha sólida traxectoria no desenvolvemento de vacinas innovadoras de vacinas fronte ao virus da lingua azul desde hai máis de 20 anos e unha posición sólida no mercado de Europa. Durante 2025, a distribución internacional de vacinas do virus da lingua azul (serotipos 1, 3, 4 e 8) alcanzou os 48 millóns de doses, ás que se suman 8 millóns de doses de vacina fronte á enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE). A vacina trivalente será comercializada como BLUEVAC BTV.

Publicidade

No ano 2025, o grupo biotecnolóxico recibiu senllas autorizacións de comercialización por parte da Axencia Europea de Medicamentos, para a súa vacina fronte ao serotipo 3 do virus da lingua azul, destinada a bovinos e ovinos, así como da que foi a primeira vacina da enfermidade hemorráxica epizoótica para bovinos (nome comercial HEPIZOVAC), por tratarse ambas de situacións de emerxencia sanitaria. 

Estes avances confirman o liderado de Zendal en Europa dentro da categoría de vacinas víricas, reforzando a súa posición na maioría dos territorios europeos e subliñando o seu compromiso coa saúde e o benestar animal na rexión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia exhibe a súa biotecnoloxía en BioSpain coa participación de máis dunha decena de organizacións

O ecosistema galego reúne en Bilbao empresas, universidades e centros de investigación, e pon o foco no crecemento dun sector que xa suma 162 compañías activas

Sete anos de ciencia e innovación: estes foron os gañadores nas últimas edicións dos Premios Zendal

A convocatoria de 2026 permanece aberta ata o vindeiro 20 de setembro e repartirá 65.000 euros entre proxectos de saúde humana e animal

A galega Zendal completa a vacinación de máis de 7.000 bebés no ensaio da súa vacina contra a tuberculose

O proxecto internacional avaliará se MTBVAC protexe mellor fronte á enfermidade en comparanción con BCG, a única aprobada actualmente para vacinar os recentemente nados

Unha vacina contra o melanoma? Que hai realmente detrás do anuncio de Merck e Moderna

Aínda non se coñecen os resultados completos da fase III do ensaio no que participaron máis de 1.000 persoas. Por Cristina Penas Lago