Zendal subministrou 42 millóns de vacinas contra a lingua azul en Europa en 2024

A enfermidade xera perdas económicas directas derivadas da mortalidade en ovinos, así como diminucións na produción de leite e carne

A biofarmacéutica Zendal, con sede no Porriño, subministrou en 2024 por toda Europa 42 millóns de vacinas contra a lingua azul, unha enfermidade vírica que afecta os ruminantes. A inxección protexe contra os serotipos da doenza que circulan por territorio europeo (serotipos 3, 4 e 8).

A enfermidade da lingua azul xera graves consecuencias para a cabana gandeira e a economía agrícola. A transmisión, a través de insectos vectores como os insectos do xénero Culicoides, facilita a rápida diseminación da doenzas, especialmente en épocas de altas temperaturas e humidade, onde as condicións son favorables para o vector.

Publicidade

Esta enfermidade infecciosa xera perdas económicas directas derivadas da mortalidade en ovinos, así como diminucións na produción de leite e carne nos animais afectados. Ademais, as restricións comerciais impostas a zonas afectadas limitan o comercio de animais vivos e produtos derivados. “A vacinación demostrou ser unha ferramenta fundamental para a prevención e o control da lingua azul”, indican dende a compañía.

Un 65% de vendas internacionais

Zendal lanzou a vacina para previr a lingua azul en 2024 e aproximadamente a metade das vendas atribúense á que vai contra o serotipo 3. Segundo trasladan dende a biofarmacéutica do Porriño, tras meses de traballo e desenvolvemento do produto obtívose a autorización do fármaco. Mentres tanto, o serotipo 3 propagábase rapidamente polos países europeos.

Publicidade

As vendas internacionais alcanzaron o 65% do total, con mercados como Francia, Alemaña, Países Baixos, Bélxica, Italia, Croacia, Hungría, Bulgaria e Rumania. Dende Zendal aseguran que lideran en Europa esta categoría de vacinas e consolidan a súa posición en case a todalidade dos territorios do continente. Tamén trasladan que tengo en conta os datos que achegan os indicadores epidemiolóxicos, a proxección para 2025 anticipa niveis similares aos do exercicio anterior.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia exhibe a súa biotecnoloxía en BioSpain coa participación de máis dunha decena de organizacións

O ecosistema galego reúne en Bilbao empresas, universidades e centros de investigación, e pon o foco no crecemento dun sector que xa suma 162 compañías activas

Sete anos de ciencia e innovación: estes foron os gañadores nas últimas edicións dos Premios Zendal

A convocatoria de 2026 permanece aberta ata o vindeiro 20 de setembro e repartirá 65.000 euros entre proxectos de saúde humana e animal

A galega Zendal completa a vacinación de máis de 7.000 bebés no ensaio da súa vacina contra a tuberculose

O proxecto internacional avaliará se MTBVAC protexe mellor fronte á enfermidade en comparanción con BCG, a única aprobada actualmente para vacinar os recentemente nados

Zendal convoca a sétima edición dos seus premios internacionais á investigación en saúde

Os galardóns, divididos en dúas categorías, buscan recoñecer proxectos de excelencia e manteñen aberto o prazo de candidaturas ata o 20 de setembro