Zendal convoca a sétima edición dos seus premios internacionais á investigación en saúde

Os galardóns, divididos en dúas categorías, buscan recoñecer proxectos de excelencia e manteñen aberto o prazo de candidaturas ata o 20 de setembro

O grupo biofarmacéutico Zendal convoca a VII edición dos seus International Zendal Awards, os galardóns anuais que teñen como obxectivo pór en valor á ciencia e aos científicos no ámbito da saúde humana e animal. Estes premios naceron en 2019 e, ano tras ano, medra a recepción de candidaturas, calidade e internacionalización dos participantes. 

Estes recoñecementos están abertos a grupos de investigación, universidades e start-ups, tanto públicos como privados. Para eles establécense dúas categorías: saúde humana, dotada con 40.000 euros; e saúde animal, con 25.000 euros. Así, as modalidades apoian o concepto One Health “Unha soa saúde”, unha estratexia global que defende que a saúde humana e a sanidade animal son interdependentes e están vencelladas aos ecosistemas nos que coexisten, unha realidade que se fixo evidente coa covid. 

Publicidade

Máis aló da dotación económica, o obxectivo é dar visibilidade a proxectos científicos e tecnolóxicos con potencial para xerar avances relevantes en saúde, reforzando o seu compromiso coa innovación, a transferencia e a biotecnoloxía ao servizo da sociedade. Esta idea parte da principal inspiración do grupo, Isabel Zendal, considerada a primeira enfermeira da historia nunha misión internacional e un dos piares fundamentais da Real Expedición Filantrópica da Vacina.

Como participar

Todos os trámites para poder presentarse aos VII International Zendal Awards son accesibles unicamente vía web. A cumprimentación e presentación das candidaturas deberá realizarse ata o 20 de setembro de 2026 ás 23:59 horas (hora de España). O xulgado avaliará os proxectos segundo a súa calidade científico-técnica, excelencia, impacto e grao de innovación, segundo as bases dos premios. O fallo do xurado coñecerase durante o mes de outubro, momento no que se contactará cos premiados da edición. Ademais, tamén se outorgará directamente polo Xurado o Homenaxe á traxectoria científica, así como o Premio Mención Especial Desenvolvemento Sostible, un recoñecemento a aquela institución pública ou privada que contribuíra co seu traballo e os seus méritos no campo da saúde global.

Publicidade

Xurado reputado e independente

Os International Zendal Awards comezaron tendo un único xurado, pero agora contan con dous. Está formado por un Comité Científico Internacional reputado e independente, composto por personalidades destacadas no ámbito da biotecnoloxía e a saúde, como Juan José Badiola, Pilar Domingo Calab ou Francisco Javier Rojo Pérez. Xunto a eles, un Presidente e un Secretario do grupo Zendal. Ademais, segundo adiantan dende a biofarmacéutica, incluíran unha nova compoñente que anunciarán proximamente.

Homenaxe e desenvolvemento sostible

Ademais dos galardóns de saúde humana e animal, inclúese un recoñecemento especial: unha homenaxe á traxectoria daquela persoa que contribuíra co seu traballo e méritos na área científica, ao desenvolvemento das vacinas, a prevención, a biotecnoloxía e o concepto One Health. Entre os galardoados en ediciones anteriores destacan Marisol Soengas, que lidera o grupo de melanoma do CNIO; o doutor Ángel Carracedo, director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (SERGAS-Xunta de Galicia); María Vallet Regí, jefa do grupo CIBER-BBN da Universidade Complutense de Madrid ou Inmaculada Ibáñez de Cáceres, doutora en Bioloxía Molecular. Na edición de 2025, a reconocida foi a doutora Ana Fernández-Sesma, destacada viróloga e investigadora, referente mundial no estudo de patógenos e no sistema imunolóxico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia exhibe a súa biotecnoloxía en BioSpain coa participación de máis dunha decena de organizacións

O ecosistema galego reúne en Bilbao empresas, universidades e centros de investigación, e pon o foco no crecemento dun sector que xa suma 162 compañías activas

Sete anos de ciencia e innovación: estes foron os gañadores nas últimas edicións dos Premios Zendal

A convocatoria de 2026 permanece aberta ata o vindeiro 20 de setembro e repartirá 65.000 euros entre proxectos de saúde humana e animal

A galega Zendal completa a vacinación de máis de 7.000 bebés no ensaio da súa vacina contra a tuberculose

O proxecto internacional avaliará se MTBVAC protexe mellor fronte á enfermidade en comparanción con BCG, a única aprobada actualmente para vacinar os recentemente nados

O ensaio clínico da vacina contra a tuberculose da galega Zendal xa reuniu a 5.500 adolescentes e adultos

O proxecto IMAXINE busca avanzar cara a unha alternativa máis eficaz fronte a unha das infeccións máis letais do mundo