O grupo biofarmacéutico Zendal leva seis anos celebrando os seus International Zendal Awards, uns galardóns que teñen como obxectivo pór en valor á ciencia e aos científicos no ámbito da saúde humana e animal. Estes premios nacieron en 2019, polo que este ano a empresa galega convoca a VII edición destes recoñecemento, a grupos de investigación, universidades e start-ups, tanto públicos como privados.
Os Premios Zendal agrúpanse en dúas categorías: saúde humana, dotada con 40.000 euros; e saúde animal, con 25.000 euros. E, o máis importante: os trámites para poder presentar candidaturas están abertos unicamente vía web ata o 20 de setembro de 2026 ás 23:59 horas (hora española). Por tanto, quedan cinco días para participar e poder competir por un galardón que, segundo as bases dos premios, recoñecerán a calidade científico-técnica, excelencia, impacto e grao de innovación das investigacións.
Así, para afondar máis na orixe destes premios, nomeados como tributo a Isabel Zendal —considerada a primeira enfermeira da historia nunha misión internacional—, lembramos algunhas das investigacións premiadas en edicións pasadas.
María del Mar Tomás e a innovación en fagoterapia
No ano 2023 celebrouse a IV edición dos Premios Zendal. No marco desta entrega, o galardón na categoría de saúde humana recoñeceu o traballo liderado por María del Mar Tomás, coordinadora do Grupo de Investigación Traslacional e Multidisciplinar (MicroTM) do Instituto de Investigación Biómédica da Coruña (INIBIC), baseado no desenvolvemento de diversas liñas de innovación en fagoterapia. O eixo do estudo foi a estratexia anti-persistencia bacteriana baseada en fagos: foron utilizados desde fai máis dun século para combater infeccións bacterianas, son seguros para aplicacións humanas e amplamente usados como vehículos de entrega. Así, o tratamento consistía na combinación de tratamentos potenciadores e o desenvolvemento de fagos sintéticos como resposta a un problema terapéutico.
A primeira vacina mundial contra o bacilo das abellas
O Dalan Animal Health, centro de innovación americano situado en Georgia, foi o gañador da categoría de saúde animal hai tres anos. Esta investigación estaba a desenvolver a primeira vacina mundial contra o bacilo que destrúe ás abellas, a enfermidade bacteriana máis devastadora para a especie. Así, a terapia protexe contra Paenibacillus larvae, o axente causante da patoloxía que provoca a destrución das colonias infectadas e, por tanto, importantes perdas económicas. Así, o desenvolvemento deste tratamento foi recoñecido tanto pola súa innovación como polo seu impacto positivo na protección dunha especie clave na supervivencia dos ecosistemas.
Un proxecto contra o alzhéimer
O xurado da V edición dos Premios Zendal decidiron outorgar o premio na categoría de saúde humana ao grupo de investigación de Ivone Martins, do Centro de Enxeñería Biolóxica da Universidade de Miño. O seu proxecto, baixo o nome de HERCULES-Bacteriófagos, consistía no diagnóstico da enfermidade de alzhéimer en estados iniciais, combatendo os métodos de detección actuais, que na súa maioría chegan en fases tardías da patoloxía. A investigación usaba nunha tecnoloxía baseada en fagos para detectar o péptido Aβ, culpable da dexeneración neuronal no tecido cerebral, que comeza a acumularse anos antes dos primeiros síntomas.
Antíxeno contra as carrachas
No ano 2024, o premio da categoría de saúde animal recaeu sobre José de la Fuente, do grupo Sabio do Instituto de Investigación en Recursos Cinexéticos, IREC (CSIC-UCLM-JCCM), polo proxecto de desenvolvemento de vacinas contra as carrachas en gando vacún. O método rutineiro para combatelas é o tratamento con acaricidas químicos, co consecuente problema de dar lugar a estirpes resistentes e a efectos negativos no medio ambiente. Fronte este problema, o grupo propuxo desenvolver dúas vacinas contra carrachas baseadas na fabricación o antíxeno r8m86, producido en fermento. Esta innovación levou o estou á cima do recoñecemento nos Premios Zendal.
María Mayán e un foco: o cancro de mama tripla negativo
O grupo CellCOM do CINBIO —centro dependente da Universidade de Vigo—, liderado por María Mayán, foi recoñecido na categoría de saúde humana na edición de 2025 a raíz dun estudo centrado no cancro de mama tripla negativo, unha das variantes máis agresivas e con escasas opcións terapéuticas na actualidade. Esta enfermidade afecta sobre todo a mozas e, malia que algúns tratamentos empezan a ser eficaces entre un 10% e 20% das pacientes, a intención do proxecto dirixido pola galega é melloralo para o 80% que ten unha maior resistencia ás terapias vixentes.
Vacina fronte á febre do Val do Rift
Na anterior edición, convocada en 2025, o investigador do Centro de Investigación en Sanidade Animal (CISA–INIA) Alejandro Brun foi premiado na categoría de saúde animal polo desenvolvemento dunha vacina fronte á febre do Val do Rift, unha enfermidade zoonótica emerxente con alto impacto na sanidade animal e a saúde pública. Pero, que é? Unha enfermidade vírica aguda que pode afectar gravemente aos animais domésticos —como búfalos, camelos, bovinos, cabras e ovellas—. Nas persoas adoita cursar de forma leve autolimitante, aínda que en ocasións é capaz de producir un cadro grave.














