Fin de semana de inverno exprés: unha fronte fría descenderá as temperaturas ata os 17 graos

Ourense, Lugo e Santiago de Compostela vivirán os maiores contrastes térmicos do episodio tras máximas que rozarán os 30ºC

A inestabilidade de comezos de semana pausarase en Galicia durante xoves e venres, días nos que se acadarán ata os 29 graos en cidades como Pontevedra, acadando temperaturas dunha primavera próxima ao verán. Con todo, non durará moito: o sábado entrará unha fronte fría que, a pesar de que non chegará con precipitacións, provocará un derrubamento das temperaturas. É o caso de Ourense, onde pasarán de 30ºC o venres a 13ºC o sábado, cunha oscilación térmica de 17 puntos, segundo a previsión de MeteoGalicia. O mesmo ocorrerá en Santiago de Compostela.

Nas principais cidades de Galicia, o descenso supera os 10ºC de diferenza. A Coruña ten o menos acusado, pois pasa de 22ºC a 12. En Vigo, o sábado o termómetro marcará os 14ºC, igual que en Ferrol, onde chegarán a 11. Pontevedra, a segunda cidade coa temperatura máis elevada do venres 10 de abril, con 29ºC, pasará aos 14ºC durante a fin de semana. Mentres, Lugo experimentará un descenso de 16 graos, dende os 27ºC ata os 11 do sábado.

Publicidade

Este fenómeno estenderase ata o domingo, cando as temperaturas volverán ser frías, aínda que sería o luns cando se darían os rexistros mínimos máis baixos, tal e como informan dende ElTiempo.es.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla