Unha borrasca derruba as temperaturas en Galicia: ata 10 graos menos en só 24 horas

Unha borrasca fría procedente do suroeste peninsular traerá chuvias, vento e forte inestabilidade no mar durante martes e mércores

O luns inicia cunha xornada de calor que se verá truncada por unha borrasca fría que se situará no suroeste da península ibérica e fará caer os termómetros ata 10°C. Os modelos anticipan nubosidade e precipitación para martes e mércores, con algunhas que poderían ter carácter tormentoso en Galicia, como anuncia ElTiempo.es. Esta zona de baixas presións que pasará pola comunidade traerá humidade, aire frío e mesmo po en suspensión durante os primeiros días da semana.

Segundo David Domínguez, detrás do perfil de X @RedmeteoP, este luns será o día máis cálido de 2026, con máximas superiores aos 25°C en boa parte de Galicia. En Santiago de Compostela notifícanse ata os 27°C, aínda que descenderán ata 16°C o martes. O mesmo ocorrerá en Vigo e Pontevedra, que pasará de 27°C a 17 para volver o xoves aos 24°C. Na Coruña haberá unha menor diferencia, de 26°C a 19°C, tal e como indican os modelos preditivos de MeteoGalicia. Ourense, mentres, pasará de 27°C a 20°C.

Publicidade

Neste punto, o martes chegará tamén un temporal marítimo en forma de alerta: na Costa da Morte haberá ondas de 5 a 6 metros de altura, declarando o aviso laranxa dende a axencia galega, e avisos amarelos no noroeste da Coruña e Rías Baixas.

A chegada de po sahariano

Dende o luns, o po en suspensión procedente do norte de África entrará en Galicia, polo que a calidade do aire será baixa e a visibilidade, tamén. Con todo, haberá concentracións máis baixas que no sur e centro peninsular. O portal meteorolóxico Meteored anuncia que a chegada da fronte atlántica poderá deixar chuvias de barro o martes, cunha maior probabilidade ao coincidir o pico de calima coas precipitacións máis activas.

Publicidade

A lingua de po en suspensión cruzará España de sur a norte. Foto: Meteored
A lingua de po en suspensión cruzará España de sur a norte. Foto: Meteored

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro