O prognóstico definitivo da Semana Santa en Galicia: xa hai data para a volta da chuvia

Distintos servizos meteorolóxicos prevén tempo solleiro e temperaturas agradables de cara aos próximos días, pero a inestabilidade chegará da man de novas frontes a partir do vindeiro luns

A atención está posta no prognóstico de cara aos vindeiros días: choverá durante a Semana Santa? A previsión para Galicia é máis favorable do habitual e todos os servizos meteorolóxicos apuntan tempo solleiro, estabilidade atmosférica e temperaturas agradables. Non obstante, o territorio estará dividido en dous. Mentres o sur vai acadar valores superiores aos 20 graos, o norte non chegará a eles e, incluso, a cidade da Coruña non superará os 15 graos de máxima. O prognóstico a medio prazo apunta a un cambio de patrón, coa chegada dunha fronte a comezos da vindeira semana.

O martes e o mércores son a antesala dos festivos e a previsión de Meteogalicia é de ceos despexados en practicamente todo o territorio galego debido á influencia do anticiclón dos Azores. As temperaturas chegarán aos 24 graos de máxima en Vigo, mais non superarán os 16 na Coruña; unha tendencia semellante á do resto de cidades galegas en función de se están no terzo norte ou no terzo sur da comunidade. O mércores agárdanse chuvias febles na Mariña lucense. En xeral, as temperaturas sufrirán un lixeiro descenso debido ao vento do nordés.

Publicidade

Predición para os festivos

O Xoves Santo será o primeiro festivo, con previsión de chuvias no extremo norte de Galicia polo paso dunha fronte pouco activa. Con todo, iranse abrindo claros conforme avance o día. As temperaturas non experimentarán cambios significativos e manteranse nos 20 graos de máxima nas cidades da metade sur e nos 15 graos nas do norte. O escenario cambia de cara ao venres, cunha notable repunta térmica pola chegada dunha nova dorsal subtropical. Así, Ourense chegará aos 24 graos e Santiago aos 23, mentres que Lugo, Vigo e Pontevedra oscilarán arredor dos 22. Ferrol quedará nos 18 graos e A Coruña, de novo, nos 15.

En canto á fin de semana, non se prevén grandes cambios. Espérase que continúe sobre Galicia a influencia anticiclónica, aínda que cada vez máis debilitada. De feito, para o sábado e o domingo agárdanse altas probabilidades de ceos nubrados. En canto ás temperaturas, manteranse como en días anteriores, e serán especialmente baixas para a época do ano na metade norte de Galicia. Prevese un cambio radical de tempo de cara a comezos do vindeira semana, cando volverían entrar as borrascas polo Atlántico.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta activa a alerta vermella por episodio de calor no interior de Pontevedra durante o xoves

Galicia quedará ata o próximo sábado baixo a influencia dun anticiclón que tamén provocará avisos no centro de Lugo, interior da Coruña e montaña de Ourense

Unha masa de aire africano trae temperaturas por enriba dos 30 graos en Galicia a partir do xoves

O fenómeno elevará as máximas ata 37ºC en Ourense e deixará valores próximos aos 30ºC en boa parte do territorio, con aviso amarelo no interior

Do chorro polar ás dinas: as claves do drástico cambio de tempo en Galicia a partir do mércores

A influencia anticiclónica debilitarase na segunda metade da semana coa previsión de ceos nubrados, temperaturas suaves e chuvascos ocasionais

Así evoluciona o tempo en Galicia antes da eclipse: ceos máis despexados no interior e incerteza no norte

O litoral norte da Coruña e A Mariña concentran as dúbidas pola posible presenza de nubes baixas, mentres o resto da comunidade presenta unha situación favorable