O aire polar provocará un descenso brusco das temperaturas dende o martes en Galicia

O descenso térmico irá acompañado de vento de mar no litoral da Coruña, onde se ditamina a alerta amarela

Novembro comeza cunha mala nova: a partir do martes chega unha masa de aire de orixe polar continental a Galicia, procedente do interior de Europa, que provocará un descenso xeralizado das temperaturas. A explicación está detrás das altas presións situadas ao norte, que favorecen esta situación meteorolóxica. Os termómetros baixarán dende os 20°C ata os 15°C nas cidades principais da comunidade, cinco graos determinantes para pasar de temperaturas moderadas a frías.

Ademais da caída térmica, súmase a alerta amarela por mar de vento para o martes 3 de novembro, localizado ao oeste e noroeste da Coruña, con refachos de forza 7, acusados entre Ferrol e Bares. Así, a pesar de que o tempo será seco, as sospeitas de chuvia levántanse a partir do venres. MeteoGalicia recolle probabilidades de ocorrencia de chuvia ata o xoves do 5% nas principais cidades da Coruña, con ceos onde predominarán o sol e as nubes, pero haberá que agardar ata que o servizo galego de meteoroloxía publique os prognósticos dos vindeiros días.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As cinco lendas galegas máis arrepiantes para pasar medo na noite de Samaín

A Santa Compaña, o Can do Urco e o Sacaúntos son algunhas das historias de medo máis coñecidas da tradición oral

Do contedor a unha segunda vida: en que se transforma o que reciclamos?

O papel, o vidro, o plástico e a materia orgánica poden converterse en novos produtos, reducir o consumo de recursos e xerar aforro económico e ambiental

Como loitar contra o mosquito tigre en cemiterios: estas son as recomendacións principais

As macetas, os elementos florais e outros recipientes propicios a acumular auga vólveno un dos lugares predilectos de cría do insecto

Un documental mergúllase nos bosques de carrumeiro, un tesouro das costas galegas

Os submarinistas Xaime Beiro, Silvia Iglesias e Jorge Martínez asinan unha peza audiovisual que se estreará o 5 de novembro na Semana de Cine Submariño