A borrasca subtropical Charles regará Galicia con fortes chuvias durante o mércores

A nova zona de baixas presións tomará o relevo de Bruna e MeteoGalicia establece a alerta amarela en Ourense por precipitacións

O impacto das frontes atlánticas asociadas á borrasca Bruna aínda se fan notar en Galicia a través das fortes precipitacións. Con todo, unha nova zona de baixas presións de orixe subtropical, composta no Atlántico occidental, regará Galicia con chuvias abundantes durante o mércores 11 de novembro, segundo informa MeteoGalicia. A borrasca Charles —bautizada así polo Instituto Portugués do Mar e da Atmosfera (IPMA)— percorre o Atlántico para situarse ao oeste da Península.

A axencia meteorolóxica galega anuncia a alerta amarela por chuvia no sur e na montaña de Ourense para o día 11 por acumulación de máis de 40 litros por metro cadrado (l/m2) nunha hora. As precipitacións máis intensas estarán rexistradas nas provincias de Lugo e Ourense. Así, as previsións indican que Charles entrará por Portugal, máis concretamente por Lisboa, con chuvias moi intensas e refachos de vento.

Publicidade

Pola súa banda, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) lanza un aviso especial polo impacto das dúas borrascas sobre a península a causa das chuvias persistentes, vento forte e temporal marítimo ata o xoves 12. Tamén anuncia que os litorais do oeste de Galicia poderán superar os 70 km/h, xunto a mar combinado con ondas de 4 a 5 metros.

Segundo un dos escenarios dos modelos europeos, avanzaría cara ao nordeste e, arredor das 22 horas, podería situarse entre o norte de Portugal, Galicia, e Castela e León.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Meu querido e ademirado amigo”: as cinco cartas conservadas de Otero Pedrayo a Cabanillas

O Consello da Cultura Galega publica epístolas que revelan a amizade, complicidade intelectual e momentos vitais compartidos entre as dúas figuras destacadas

Un carrusel de frontes atlánticas asociado á borrasca Bruna acende a alerta en Galicia por fortes chuvias

Un río atmosférico procedente das rexións subtropicais do Atlántico achegará moita humidade á comunidade dende o Caribe

Buscar e atopar

Unha rara bolboreta nocturna, un tesouro galego baixo a auga e un buque oceanográfico cara á Antártida. Por Andrea Veiga

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur