Unha nova fronte atlántica acende a alerta por temporal marítimo na costa da Coruña

MeteoGalicia informa de que as precipitacións chegarán na xornada do martes, pero a influencia anticiclónica volverá a partir do mércores

A última semana de outubro en Galicia estará marcada pola estabilidade e chuvias puntuais a causa da entrada de novas frontes atlánticas. O luns 26 de outubro a comunidade será unha das áreas da península con maior presenza de nubes, sen descartar precipitacións febles. O temporal, segundo informan dende MeteoGalicia, concentrarase no mar da Costa da Morte e Coruña, onde establecen alerta amarela por ondas superiores aos catro metros durante martes e mércores.

As precipitacións seguirán sendo escasas en boa parte do país, con maior probabilidade de chuvia en Galicia e o Cantábrico. Unha fronte chegará a estas zonas durante a xornada do martes, con chuvias febles e moderadas e unha baixada das temperaturas. No oeste de Galicia poderían acumularse localmente ata 20 l/m2. MeteoGalicia recolle probabilidades de ocorrencia o día de ata o 95% para este día nos sete concellos principais de Galicia, que se reducen ao 5-10% cara a finais de semana. Isto compleméntase co anuncio no seu perfil da rede social X: “Dende o mércores, volve a influencia anticiclónica“.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Artigo anterior

Relacionadas

Dun anticiclón a ondulacións do chorro polar: unha dina pechará a semana en Galicia

O sábado caen as temperaturas, tanto as máximas, que non superarán os 20 graos na maior parte do territorio galego, como as mínimas, que acadarán os 9 no interior

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia