Ata os 26 graos en Galicia: estas son as últimas pistas sobre o tempo en Semana Santa

Os modelos europeos anticipan un ambiente máis cálido do habitual, especialmente nas Rías Baixas, con máximas por riba da media

Cada vez queda menos para a chegada dos agardados festivos de Semana Santa. Con todo, aínda é cedo para determinar con precisión que tipo de meteoroloxía nos acompañará nesas datas, xa que os modelos europeos seguen amosando incerteza a medio prazo. As primeiras estimacións comezan a debuxar un escenario máis ben cálido: para o Xoves e Venres Santo prevese que as temperaturas máximas poidan acadar os 25 e 26°C no sur e oeste de Galicia, especialmente nas Rías Baixas. Así o sinala David Domínguez, a persoa detrás do perfil de X @RedmeteoP.

Na mesma liña, o portal Meteored indica que o modelo europeo apunta a unha semana —entre o 30 de marzo e o 6 de abril— máis cálida do habitual na metade occidental da Península. Os valores térmicos situaríanse entre 1 e 3°C por riba da media climática. Galicia sería unha das comunidades onde máis se notaría esta anomalía cálida, probablemente debido ao achegamento e reforzo do anticiclón das Azores nas proximidades da Península.

Publicidade

Con todo, antes de chegar a este posible escenario primaveral, o tempo deixará algúns contrastes. Coincidindo coa fin de semana do Domingo de Ramos, espéranse dúas entradas de aire frío de orixe polar que non van afectar a Galicia. De cara ao luns, as previsións apuntan a unha recuperación térmica no sur de Galicia, onde as temperaturas poderían superar os 20°C. Este será o camiño para coñecer as primeiras pistas sobre o tempo que podería acompañar durante a Semana Santa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha autopista de humidade acende en Galicia alertas laranxas e amarelas por chuvia e vento

A sucesión de borrascas atlánticas deixará máis de 50 l/m2 en menos de 12 horas no oeste da comunidade e refachos de ata 100 km/h

A borrasca subtropical Charles regará Galicia con fortes chuvias durante o mércores

A nova zona de baixas presións tomará o relevo de Bruna e MeteoGalicia establece a alerta amarela en Ourense por precipitacións

O aire polar provocará un descenso brusco das temperaturas dende o martes en Galicia

O descenso térmico irá acompañado de vento de mar no litoral da Coruña, onde se ditamina a alerta amarela

Unha nova fronte atlántica acende a alerta por temporal marítimo na costa da Coruña

MeteoGalicia informa de que as precipitacións chegarán na xornada do martes, pero a influencia anticiclónica volverá a partir do mércores