Fisterra, Arousa e a Costa da Morte: un mapa sinala os puntos quentes das interaccións con candorcas

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico indica que se produciu un aumento dos encontros en Galicia en contraste co sur de España

O litoral galego será, nos próximos meses, un punto de tránsito para a subpoboación ibérica de candorcas (Orcinus orca) que se desprazan na súa ruta migratoria. Nos últimos anos, algúns destes movementos derivaron en interaccións entre os cetáceos e distintos tipos de embarcacións, o que propiciou a elaboración por parte do Goberno dun mapa que detalla a probabilidade de que se produzan estes encontros. A ferramenta deseñouse segundo a cantidade de interaccións recollidas pola Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima (SASEMAR) entre 2022 e 2025.

O seguimento dos Centros de Coordinación de Salvamento Marítimo denota que o número de encontros diminuíu no sur de España. En contraste, rexistrouse un aumento nos casos producidos en Galicia. Fisterra, Arousa e a Costa da Morte son os puntos nos que se agarda unha maior probabilidade de interaccións.

Publicidade

En caso de avistamento

As candorcas desprázanse seguindo os movementos do seu alimento: o atún. Coa chegada do verán, continuarán a ruta cara ao norte da costa atlántica dende o Golfo de Cádiz. O Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico (MITECO) pide evitar a navegación polas zonas de maior densidade entre xullo —mes no que se produciu o primeiro encontro de 2025 na comunidade— e outubro; esta recomendación atópanse xa vixente no Golfo de Cádiz e no Estreito de Xibraltar.

En caso de producirse unha interacción, recoméndase que a embarcación, sexa a motor ou a vela, continúe a súa navegación cara á costa, a augas menos profundas. As persoas a bordo deberán evitar as bandas e situarse en zonas que ofrezan a maior protección contra movementos bruscos súbitos.

Publicidade

Así mesmo, Transición Ecolóxica fai fincapé en que non deben realizarse condutas que poidan causar “morte, dano, molestia ou inquietude aos cetáceos”. Despois dun avistamento, será necesario notificalo ao Centro de Coordinación de Salvamento (CSS) máis próximo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro