Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

O telescopio espacial Nancy Grace Roman lanzouse o 30 de agosto de 2026 a fin de superar o campo de visión do seu predecesor, o Hubble. A raíz desta misión, a NASA leva a cabo unha nova iniciativa cidadá con antecedentes en Artemis II: a axencia espacial estadounidense permitirá aos usuarios adoptar un píxel dunha das primeiras imaxes do Roman de forma gratuíta a través da súa páxina web. “Cada píxel representará unha peza única do cosmos”, anuncian no perfil da rede social X. No momento de escribir esta información, 633.883 persoas teñen asignado unha unidade ínfima desta futura imaxe dixital.

Pero, como se consigue? Débese completar un simple formulario con tres datos esenciais: nombre, apelidos e correo electrónico. Con todo, só se pode asignar un píxel a cada conta de correo, pois será a forma de recuperar o píxel cando se xere a imaxe. Ademais, recibirase un certificado cun número de píxel asignado.

Publicidade

Modelo de certificado de obtención do píxel da imaxe do Nancy Grace Roman. Foto: NASA
Modelo de certificado de obtención do píxel da imaxe do Nancy Grace Roman. Foto: NASA

O obxectivo do Grace Roman

O observatorio espacial de última xeración está deseñado para resolver preguntas esencias arredor das grandes incógnitas do universo: enerxía escura, exoplanetas ou astrofísica infravermella, entre outras cuestións. O Grace Roman conta cun espello primario de 2,4 metros de diámetro e un instrumento de campo amplo que permitirá aumentar o campo de visión 100 veces maior ca o do Telescopio Espacial Hubble, permitindo capturar máis o ceo con menos tempo de observación.


Podes adoptar o teu píxel do Nancy Grace Roman na seguinte ligazón. 

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Artigo anterior

Relacionadas

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman

A galega Begoña Vila protagoniza un documental sobre a próxima gran misión científica da NASA

‘Rumbo ás estrelas (Despois da eclipse)’ trata do desenvolvemento do telescopio espacial Nancy Grace Roman a través da historia persoal da enxeñeira