Queres que o teu nome chegue á Lúa? Así o podes facer coa nova iniciativa da NASA

Os usuarios poderán participar no programa Artemis da axencia espacial enviando os seus datos, que se gardarán nunha memoria USB e voarán xunto á tripulación

En 2026, o programa Artemis da NASA enviará catro astronautas a orbitar a Lúa no primeiro voo tripulado desta campaña, con regreso á Terra. Os astronautas que viaxarán son Reid Wiseman, Victor Glover, Christina Koch, da Axencia Espacial Norteamericana, e Jeremy Hansen, da Axencia Espacial Canadiense. Pero ti tamén poderías ir, dunha maneira máis simbólica.

A través da páxina web da NASA, calquera persoa pode enviar o seu nome para “viaxar” xunto aos astronautas do programa Artemis. Os nomes recibidos incluiranse nunha memoria USB que voará dentro da nave Orion durante a misión. Grazas a datos básicos, como teu nome, apelidos e un código PIN, recibirás a túa propia tarxeta de embarque, permitindo que te sintas como un auténtico astronauta da NASA.

Publicidade

A misión Artemis

Este voo representa un novo paso nas misións tripuladas, cuxo principal obxectivo é pór a proba os sistemas de soporte vital da nave Orion no espazo. Deste xeito, a NASA prepárase para futuras misións con astronautas a Marte.

Entre os principais retos, destacarase a primeira avaliación das capacidades da NASA no espazo profundo, mediante o primeiro voo tripulado do foguete Sistema de Lanzamento Espacial (SLS, polas súas siglas en inglés).

Publicidade

A misión terá unha duración aproximada de dez días e despegará dende o Complexo de Lanzamentos 39B do Centro Espacial Kennedy. Segundo os anuncios da NASA, o lanzamento está previsto, como moi tarde, para abril de 2026. E si, ti tamén poderás participar… pero dende a túa casa.


Podes conseguir a túa tarxeta de embarque da NASA na seguinte ligazón.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo