O canto dos xibardos, entre os sons da Terra da sonda Voyager 1 da NASA

A sonda alcanza o 18 de novembro de 2026 unha distancia dun día luz e transporta no seu Disco de Ouro unha selección de sons e imaxes representativas do planeta

A NASA confirma que a sonda Voyager 1 xa percorreu uns 26.000 millóns de quilómetros dende a Terra: o 18 de novembro de 2026 está exactamente a un día luz de distancia do noso planeta, a maior alcanzada por calquera artefacto creado polo ser humano. Foi lanzada en 1977 para a exploración de Xúpiter e Saturno, pero contaba cun interesante accesorio no seu interior: o chamado Disco de Ouro —titulado como Sons da Terra—, un disco fonográfico bañado en ouro de 30 centímetros de diámetro que acompañan á sonda 2 na súa viaxe polo espazo. Este contén 115 imaxes, saúdos en 55 idiomas, unha diversa selección musical e ata sons da natureza. Entre estes últimos, destaca un canto de xibardo (Megaptera novaeangliae) gravado por Roger Payne, unha especie rara en Galicia.

Este cetáceo conta cun canto peculiar emitido tanto por machos como femias, aínda que son eles quen producen as cancións longas, fortes e complexas máis coñecidas. Por outra banda, as femias emiten sons semellantes ao gruñido, xemido, bramido ou ladrido. O rexistro baixo do xibardo, que varía en amplitude e frecuencia e que se pode prolongar ata os 20 minutos, pareceu unha aposta interesante para levar ao espazo froito da iniciativa do astrónomo e divulgador Carl Sagan. El foi quen decidiu crear os discos de ouro a fin de representar a Terra a unha hipotética civilización extraterrestre.

Publicidade

Que se sabe do seu canto do xibardo?

O dato principal sobre o canto de xibardo é que esta especie carece de cordas vocais, de modo que xeran os sons forzando o aire a través da súa enorme cavidade nasal. E non todas realizan o mesmo: por exemplo, os que viven no norte do Atlántico comparten a canción, diferente ca as do Pacífico Norte.

'Sons da Terra', disco que viaxa na Voyager 1 e 2. Foto: Wikimedia Commons
‘Sons da Terra’, disco que viaxa na Voyager 1 e 2. Foto: Wikimedia Commons

Con todo, tras anos de investigación en fauna, os expertos aínda teñen moitas dúbidas sobre o por que destes sons: unha das hipóteses subliña que, xa que só os machos son quen de reproducilo, trátase dunha práctica de atracción do sexo oposto; non obstante, en moitos casos quen se aproximan son outros machos, polo que tamén podería ser un desafío. Hai quen sinala unha labor ecolocalizadora, pois durante a tempada de alimentación, os xibardos poden emitir ao unísono diferentes vocalizacións a fin de reunir peixes. Outro dos camiños é máis simplista: o feito de que ocorra tamén en ausencia de parellas potenciais pode significar que é unha ferramenta de comunicación xeral ou, pola contra, que serve para manter ás poboacións en migración en contacto.

Onde está agora mesmo o Voyager I?

O profesor titular de Física Aplicada da Universidade de Zaragoza Francisco José Torcal Milla explica nun artigo de The Conversation que, se quixeramos enviar unha mensaxe a unha nave espacial, teríamos que agardar dous días para recibir a súa resposta. Por que? As ondas de radio que viaxan á velocidade da luz precisan un día enteiro para alcanzala e outro para regresar. Isto ocorre o 18 de novembro de 2026, cando a Voyager 1 se atopa a unha distancia dun día luz da Terra. “A Voyager 1 están tan lonxe que mesmo a luz, capaz de percorrer case 300.000 quilómetros cada segundo, precisa 24 horas para chegar ata ela“, sinala. É alí onde, entre moitos sons do planeta azul, se atopa o canto de xibardo.

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un asteroide chamado Compostela: Galicia suma unha nova cidade ao Sistema Solar

O corpo celeste foi descuberto en 2017 por dous astrónomos dende Letonia e está situado entre as órbitas de Marte e Xúpiter

Coñece ‘Chama’, o mapa interactivo que explora os incendios que arrasaron Galicia dende 2018

A aplicación creada pola deseñadora de información Isabel Burón analiza parámetros como os focos de calor, a superficie queimada ou a velocidade de propagación

Un novo recurso didáctico creado na USC conecta o patrimonio musical galego co Camiño de Santiago

O material reúne dez arranxos de música do percorrido francés e propostas para traballar este repertorio das aulas de Primaria e Secundaria

Unha autopista de humidade acende en Galicia alertas laranxas e amarelas por chuvia e vento

A sucesión de borrascas atlánticas deixará máis de 50 l/m2 en menos de 12 horas no oeste da comunidade e refachos de ata 100 km/h