Unha masa de aire moi cálido sobe ata 10ºC as temperaturas en Galicia na ponte de decembro

O desprazamento do anticiclón das Azores traerá valores inusuais xunto a chuvias persistentes e forte mar de fondo en toda a costa

Cun pé posto xa na ponte, MeteoGalicia abría este venres 5 de decembro cun aviso: unha masa de aire moi húmida e cálida achégase a Galicia. Que implica isto? Segundo recolle un artigo publicado en Meteored, o desprazamento do anticiclón das Azores favorecerá un notable aumento das temperaturas.

En moitas comunidades, entre elas Galicia, os termómetros superarán a barreira dos 10ºC durante o mediodía do sábado e achegaranse aos 20ºC. Cidades do norte como A Coruña situaranse entre os 19 e os 20ºC, debido á chegada desta advección subtropical.

Publicidade

A pesar deste ascenso térmico, tanto o venres como o sábado manteranse as chuvias persistentes, con acumulacións importantes nalgúns puntos do suroeste, especialmente nas Rías Baixas, que se converterán na área máis afectada da península. Para o domingo e o luns prevese vento forte e algunha precipitación no oeste, xunto con ondas que poderían superar os 5 metros.

Segundo Meteored, é probable que a partir do martes as temperaturas vaian descendendo progresivamente de oeste a leste, permitindo que os termómetros regresen a valores máis propios do inverno meteorolóxico. Aínda así, as previsións non o poden confirmar con total seguridade por agora.

Publicidade

Mantense a alerta laranxa

Xa van tres días consecutivos de alerta laranxa na costa galega, segundo MeteoGalicia. Este episodio continuará o sábado e estenderase tamén ao mar das Rías Baixas, onde se agardan ondas que poderían acadar os seis metros. A provincia de Pontevedra será a máis afectada polas precipitacións, pois prevese que rexistre acumulacións superiores aos 40 l/m2 en 12 horas, o que manterá activada tamén a alerta amarela por chuvia.

O temporal marítimo persistirá na Costa da Morte, no noroeste da Coruña e na Mariña lucense. En terra, a Baixa Limia estará baixo a influencia das precipitacións durante o sábado. Deste modo, a ponte chegará a Galicia cunha combinación de temperaturas primaverais e chuvias persistentes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona