Alerta laranxa en Galicia ás portas da ponte: estas son as zonas afectadas

O tempo inestable con ventos fortes, mar adverso e choivas intensas marcará o inicio do descanso festivo, especialmente no litoral entre a Costa da Morte e a Mariña lucense

A dous días de comezar a ponte de decembro, a situación meteorolóxica mantén en alerta laranxa boa parte da costa galega. Polo de agora, MeteoGalicia activa este aviso para os días 4 e 5 de decembro. Durante esta xornada agárdanse chuvascos intermitentes, nalgúns momentos máis intensos e persistentes no norte da Coruña e Lugo, e máis ocasionais no sur, tal e como explica David Domínguez, da conta de X @RedmeteoP.

Con todo, MeteoGalicia sinala no seu perfil de X que a partir do venres a circulación do suroeste traerá unha masa de aire máis cálida e húmida. Esta previsión tamén é coincidente coa información que lanza Roberto Granda en ElTiempo.es, que indica que pasaremos dun frío propio do inverno meteorolóxico a un ambiente moito máis suave.

Publicidade

Así, aínda que hoxe as temperaturas se manterán frescas, o venres está previsto un ascenso case xeralizado. En Galicia, as mínimas poderán subir entre 3ºC e 6ºC, chegando puntualmente ata os 8ºC. O sábado podería ser o día máis cálido da ponte: A Coruña mesmo podería alcanzar os 19ºC.

A costa norte galega

As alertas laranxas abranguen o litoral dende a Costa da Morte ata a Mariña lucense, con ondas que poden chegar aos seis metros dende o xoves ata o domingo. A alerta laranxa remata aí, pero non así as advertencias: mantéñense alertas amarelas por vento oeste de forza 7, que incluso poden acadar forza 8 nalgúns puntos do noroeste da provincia da Coruña. Ademais, o tempo deste xoves 4 de decembro tamén afectará ás Rías Baixas, onde se activa unha alerta de menor intensidade por ondas de entre 4 e 5 metros.

Publicidade

A medida que se achega a fin de semana, a área afectada polas alertas medra, aínda que a cor laranxa se concentra na costa norte e a amarela se estende cara ao interior. Prevese que a provincia de Pontevedra acumule máis de 40 litros por metro cadrado en 24 horas, situación que se repetirá no sur de Ourense. En terra, na Mariña agárdanse refachos de vento que superarán os 80 quilómetros por hora nas zonas máis elevadas da comarca.

En definitiva, as borrascas continuarán sobre Galicia, deixando ventos fortes e mar moi adverso nunha fin de semana esperada por moitos para o descanso, pero que estará marcada pola chuvia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto galego crea ferramentas para detectar a sarcopenia a partir de imaxes radiolóxicas lumbares

Unha iniciativa do IIS Galicia Sur analiza datos clínicos con IA para extraer biomarcadores arredor dunha enfermidade ligada ao envellecemento e o sedentarismo

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro

Laura Castro, Premio Nacional de Investigación: “A eólica mariña podería facernos enerxeticamente independentes”

A catedrática da UDC participa tres proxectos sobre enerxías renovables e defende o potencial de Galicia para desenvolver sistemas flotantes no mar

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro