A NASA revela as primeiras imaxes dende a cara oculta da Lúa

A tripulación da misión Artemis II captura fenómenos únicos como a 'posta da Terra', unha eclipse solar e detalles inéditos da superficie lunar

Un paso máis para a humanidade capturado polos astronautas da misión Artemis II. A NASA e a Casa Branca estadounidense comparten nas súas contas de X as primeiras imaxes tomadas durante o sobrevoo da cara oculta da Lúa. Esta fotografía permite ver a ‘posta da Terra’ —en inglés Earthset— vista dende o satélite. Esta imaxe lembra á imaxe tomada polo astronauta Bill Anders cando a tripulación do Apolo 8 voaba arredor da Lúa. Pero non é a única.

A eclipse de Artemis II

A Casa Branca publica no seu perfil da rede social unha instantánea onde se pode apreciar a eclipse solar con claridade, nunha imaxe máis nítida da ofrecida pola retransmisión da NASA. Desta forma, puideron observar o fenómeno durante case unha hora, mentres a Lúa eclipsaba o Sol. 

Publicidade

Vista da eclipse de Sol dende a nave espacial Orión. Foto: NASA
Vista da eclipse de Sol dende a nave espacial Orión. Foto: NASA

Aneis da Cunca Orientalis

A tripulación da misión Artemis II capturou tamén os aneis da Cunca Orientalis durante o día 6 de abril. Na fotografía son visibles os dous cráteres máis pequenos, que os astronautas suxeriron nomear como Integrity e Carroll, en honra á esposa falecida en 2020 do comandante Reid Wiseman. 

Aneis da Cunca Orientalis capturados pola tripulación do Artemis II. Foto: NASA
Aneis da Cunca Orientalis capturados pola tripulación do Artemis II. Foto: NASA

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo