Un marzo máis cálido do habitual e con chuvias moi escasas en Galicia

O ultimo informe de MeteoGalicia recolle temperaturas superiores ao habitual e precipitacións moi por debaixo da media, con predominio das situacións anticiclónicas

O mes de marzo foi moi cálido e moi seco en Galicia, segundo o avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia. En xeral, as temperaturas foron elevadas para esta época, tanto nos valores mínimos ou máximos debido á situación anticiclónica rexistrada na segunda quincena do mes. Pola súa banda, as precipitacións quedaron por debaixo do agardado, xa que as frontes da primeira quincena non foron moi activas e, a partir do día 15, apenas se rexistraron chuvias, quedando a situación en Galicia dominada polas altas presións e a estabilidade.

Temperaturas por riba do habitual

A temperatura media en marzo foi de 11,8 graos, o que supón nove décimas por riba do valor normal climatolóxico, segundo os datos rexistrados en once estacións meteorolóxicas representativas. En concreto, a media da temperatura mínima foi de 6,5 graos e a da máxima foi de 17 graos. As temperaturas máis altas —entre os 18,6 e 20,1 graos— rexistráronse en áreas do Miño de Ourense e do val do río Tea, mentres que as máis baixas —entre 0,8 e 2,2 graos— déronse nas serras da Queixa, Calva e do Larouco, na provincia de Ourense.

Publicidade

35 litros por metro cadrado

As precipitacións acumuladas en Galicia no mez de marzo rexistraron unha media para a serie histórica 1961-2026 de 35 litros por metro cadrado. Segundo datos rexistrados en 16 estacións meteorolóxicas representativas, é unha cifra un 65% inferior aos valores climáticos normais. De feito, foi o oitavo marzo máis seco desde que hai rexistros. Os acumulados máis altos, con datos entre 80 e algo máis de 100 litros por metro cadrado, rexistráronse no extremo oeste da provincia da Coruña e a menor cantidade de precipitación deuse nas depresións de Lemos e de Ourense, inferior aos 20 litros por metro cadrado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta activa a alerta vermella por episodio de calor no interior de Pontevedra durante o xoves

Galicia quedará ata o próximo sábado baixo a influencia dun anticiclón que tamén provocará avisos no centro de Lugo, interior da Coruña e montaña de Ourense

Unha masa de aire africano trae temperaturas por enriba dos 30 graos en Galicia a partir do xoves

O fenómeno elevará as máximas ata 37ºC en Ourense e deixará valores próximos aos 30ºC en boa parte do territorio, con aviso amarelo no interior

Do chorro polar ás dinas: as claves do drástico cambio de tempo en Galicia a partir do mércores

A influencia anticiclónica debilitarase na segunda metade da semana coa previsión de ceos nubrados, temperaturas suaves e chuvascos ocasionais

Así evoluciona o tempo en Galicia antes da eclipse: ceos máis despexados no interior e incerteza no norte

O litoral norte da Coruña e A Mariña concentran as dúbidas pola posible presenza de nubes baixas, mentres o resto da comunidade presenta unha situación favorable