A tripulación de Artemis II pon rumbo á casa tras establecer o récord histórico de distancia coa Terra

A nave Orión atravesa a cara oculta da Lúa e establece unha nova referencia de afastamento de 406.733 quiómetros, superando en 6.000 a Apolo 13

A tripulación da misión Artemis II xa está de volta á Terra nunha viaxe que durará tres días tras marcar un fito histórico: ás 13:56 horas da costa leste de América (19:56 horas en horario peninsular), a nave espacial Orión estableceu o récord de distancia máis afastada da Terra percorrido polo ser humano. Así, chegaron aos 406.773 quilómetros, superando a marca de 1972 do Apolo 13, con 400.171. Isto ocorreu durante o sobrevoo lunar de sete horas dos astronautas Reid Wiseman, Victor Glover, Christina Koch e Jeremy Hansen.

Cando a nave pasou por detrás da Lúa, os astronautas perderon o sinal coa Terra durante 40 minutos, momento no que realizaron unha aproximación á superficie do satélite de 6.545 quilómetros. Durante a travesía pola cara oculta, a tripulación fotografou e descubriu as características do terreo. Segundo informa a NASA, observaron cráteres de impacto, antigos fluxos de lava, e gretas e cristas da superficie que se formaron coa lenta evolución do satélite. Ademais, os astronautas notificaron diferenzas na cor, o brillo e a textura, o que achega pistas aos científicos para comprender a composición e a historia da superficie lunar.

Publicidade

Un dos agasallos desta viaxe foi observar fenómenos como o Earthset, é dicir, o momento no que a Terra cae por debaixo do horizonte lunar, mentres Orión viaxaba detrás da Lúa; ou o Earthrise, cando a nave emerxeu do bordo oposto da Lúa. Ademais, como consecuencia, tamén foron quen de observar unha eclipse solar, forzada pola traxectoria seguida na misión Artemis II.

Testemuñas dunha eclipse solar

Mentres a nave Orión, a Lúa e o Sol aliñábanse, a tripulación foi testemuño dunha eclipse solar de case unha hora de duración, tal e como informan dende a NASA. A vista de Wiseman, Glover, Koch e Hansen foi unha Lúa maiormente escurecida, momento no cal analizaron a coroa solar a medida que aparecía arredor das marxes do satélite.

Publicidade

Retransmisión no momento da eclipse provocada pola travesía da nave Orión detrás da cara visible da Lúa. @NASA vía X

No seu tránsito pola cara oculta, tiveron a oportunidade de observar algúns fenómenos só visibles dende este lado: informaron de seis escintileos de luz creados por meteoroides que impactaron na superficie lunar mentres viaxaban a miles de millas por hora. Con todo, as imaxes, audio e outros datos aínda non están dispoñibles para a comunidade científica.


Podes ver a retransmisión en directo da NASA na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo