Galicia rexistra o mes de outubro máis seco dende 2007

O último informe climatolóxico de MeteoGalicia indica que a precipitación media acumulada foi un 79% inferior ao habitual no período

O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que Galicia rexistra un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ás habituais neste momento do ano.

A media das temperaturas foi superior ao habitual, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15. En concreto, a temperatura media en Galicia foi de 15,5 graos, o que, segundo os datos de once estacións meteorolóxicas representativas, é 1 grao superior ao valor normal. As temperaturas máximas máis altas rexistráronse nas ribeiras do Miño ourensán e os valores máis baixos das mínimas foron nas comarcas da Limia e de Verín, no Macizo Central e na Serra Calva.

Publicidade

O outubro máis seco dende 2007

En canto ás precipitacións, en outubro só houbo tres xornadas nas que a chuvia foi xeneralizada pola chegada de frontes frías desde o Atlántico. O resto dos días foi seco ou rexistráronse choivas tormentosas illadas no interior que afectaron só ao norte de Lugo e da Coruña. Así, a precipitación media acumulada foi de 34 litros por metro cadrado, un 79% inferior aos datos habituais en outubro, segundo os datos rexistrados en 16 estacións meteorolóxicas representativas. Polo tanto, pode considerarse un mes moi seco. Teriamos que remontarnos ata o ano 2007 para atopar un outubro máis seco.

Os maiores acumulados de precipitación rexistráronse nas serras da Faladoira e do Xistral e na ría de Foz, con valores de entre 90 e, puntualmente, 150 litros por metro cadrado. Pola contra, os máis baixos, que oscilaron entre 10 e 15 litros por metro cadrado, localizáronse nas depresións de Ourense e da Limia, na área de Allariz, na serra do Larouco e no val do río Támega.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Máis Hugos e Olivias, e menos Mauros e Lolas: os nomes empregados no 2025 en Galicia

Mateo e Sofía manteñen o liderado entre os máis escollidos para os bebés nados na comunidade segundo a listaxe do IGE

Radiografía do consumo de alimentos ultraprocesados na infancia: “Estase a perder a dieta atlántica”

Unha investigación con participación galega relaciona este tipo de comida con sobrepreso e obesidade, resistencia á insulina e dislipemias en idades preescolares

O aire polar provocará un descenso brusco das temperaturas dende o martes en Galicia

O descenso térmico irá acompañado de vento de mar no litoral da Coruña, onde se ditamina a alerta amarela

As cinco lendas galegas máis arrepiantes para pasar medo na noite de Samaín

A Santa Compaña, o Can do Urco e o Sacaúntos son algunhas das historias de medo máis coñecidas da tradición oral