Máis Hugos e Olivias, e menos Mauros e Lolas: os nomes empregados no 2025 en Galicia

Mateo e Sofía manteñen o liderado entre os máis escollidos para os bebés nados na comunidade segundo a listaxe do IGE

O Instituto Galego de Estatística (IGE) publica os nomes de neonatos galegos correspondentes ao ano 2025: Mateo e Sofía repetiron como os máis empregados para quen naceu en Galicia durante o ano pasado. Respecto ao 2024 hai nomes que collen forza: é o caso de Hugo, Lucas ou Manuel no caso dos nenos, e Olivia, Mia e Valeria. Tamén ocorre o caso contrario, no que nomes como Lucas, Leo, Martina e Lucía baixan na táboa.

A listaxe, que contén cincuenta nomes ordenados de maior a menor frecuencia, sinala que os cinco máis empregados en nenos foron Mateo, Martín, Hugo, Lucas e Leo, e no das nenas Sofía, Vega, Noa, Olivia e Martina. No ano 2024, Sofía tamén ocupou o primeiro posto dos nomes femininos, seguido de Vega e Noa; en canto aos nomes masculinos, Mateo foi o nome máis empregado, acompañado de Martín e Leo.

Publicidade

Ademais, o IGE dispón na súa páxina web de información relativa aos nomes e apelidos da poboación que reside en Galicia atendendo á súa
distribución municipal, concello e década de nacemento. Por exemplo, con datos a 1 de xaneiro de 2025, actualizados hoxe, os nomes máis frecuentes son, por orde, Manuel, María Carmen, José, María e José Manuel.

Os 20 nomes máis empregados en 2025

Nenos

—Mateo

—Martín

—Hugo

—Lucas

—Leo

—Manuel

—Enzo

—Roi

—Luca

—Gael

—Liam

—Marco

—Antón

—Daniel

—Nico

—Thiago

—Xoel

—Nicolás

—Pablo

—Mauro

Nenas

—Sofía

—Vega

—Noa

—Olivia

—Martina

—Mia

—Valeria

—Lara

—Lía

—Julia

—Lucía

—Alma

—Valentina

—Gala

—Daniela

—Candela

—Sara

—Lua

—Sabela

—Lola

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Radiografía do consumo de alimentos ultraprocesados na infancia: “Estase a perder a dieta atlántica”

Unha investigación con participación galega relaciona este tipo de comida con sobrepreso e obesidade, resistencia á insulina e dislipemias en idades preescolares

O aire polar provocará un descenso brusco das temperaturas dende o martes en Galicia

O descenso térmico irá acompañado de vento de mar no litoral da Coruña, onde se ditamina a alerta amarela

As cinco lendas galegas máis arrepiantes para pasar medo na noite de Samaín

A Santa Compaña, o Can do Urco e o Sacaúntos son algunhas das historias de medo máis coñecidas da tradición oral

Do contedor a unha segunda vida: en que se transforma o que reciclamos?

O papel, o vidro, o plástico e a materia orgánica poden converterse en novos produtos, reducir o consumo de recursos e xerar aforro económico e ambiental