Como se ve a Vía Láctea dende o espazo? A NASA publica unha imaxe única dende a nave Orión

A tripulación de Artemis II ten previsto completar a súa amaraxe no océano Pacífico tras o reingreso atmosférico na madrugada do 11 de abril, en horario español

Cada día, a NASA publica na súa páxina web e redes sociais as imaxes tomadas pola tripulación de Artemis II dende a nave espacial Orión co seu iPhone 17 Pro Max. A última publicación no perfil de X da axencia espacial estadounidense amosa a Vía Láctea despois do exitoso sobrevoo lunar que permitiu observar a Terra dende a cara oculta da Lúa. O sétimo día de misión, os astronautas prenderon os propulsores da nave durante 15 segundos, producindo así un cambio de velocidade de 1,6 pés por segundo para guiar á cápsula Integrity cara á Terra.

Aínda que as imaxes son fascinantes, Reid Wiseman, Victor Glover, Christina Koch e Jeremy Hansen non están no espazo especificamente para facer fotografías. Paralelamente, están a probar prendas de intolerancia ortostática —deseñadas para axudar aos astronautas a manter a presión arterial e a circulación durante a transición de volta á gravidade da Terra— e coñecer todos os modos de control da nave. Así, a tripulación tamén toma o control manual de Orión.

Publicidade

Agora queda por diante a parte máis importante da travesía: o reingreso á atmosfera terrestre. Se a NASA mantén o plan, este proceso comezará ás 1:53 hora española do sábado 11 de abril, e continuará co amaraxe catorce minutos despois, ás 2:07 horas, no océano Pacífico, fronte á cidade de San Diego. Neste momento clave, Orión alcanzará unha velocidade extrema, atravesará plasma, perderá comunicación de forma temporal e o regreso seguro da tripulación dependerá dunha secuencia de freada atmosférica e despregadura de paracaídas.

Unha vista en vivo amosa a nave espacial Orion e os seus paneis solares mentres a tripulación Artemis II completaba a primeira queima de corrección de retorno da misión no día sete de voo. Foto: NASA
Unha vista en vivo amosa a nave espacial Orion e os seus paneis solares mentres a tripulación Artemis II completaba a primeira queima de corrección de retorno da misión no día sete de voo. Foto: NASA

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

A UVigo participa no descubrimento dunha gran fusión que marcou a infancia da Vía Láctea

A investigación na que colabora o catedrático Fernando Aguado identifica os restos dunha galaxia anana absorbida hai uns 12.000 millóns de anos

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027