Como se ve Galicia dende o ceo? Así era o territorio galego captado por helicópteros nos anos oitenta

A Fundación Barrié e o Ministerio de Defensa reuniron fotografías históricas nun volume de máis de 200 páxinas para amosar a riqueza paisaxística e urbana

Algunha vez pensaches en como se vería Galicia dende o ceo? A Fundación Barrié e o Ministerio de Defensa deron resposta a esta dúbida en 1985, cando publicaron Galicia desde el aire. O tomo, de máis de 200 páxinas, recolle fotografías de alta calidade técnica e artística que amosan a diversidade natural e arquitectónica galega.

  • Fotografía panorámica dos Ancares, no Cebreiro, nos anos 80. Imaxe: @FundacionBarrie vía X.
  • A Coruña, anos 80. Palacio Municipal na Praza de María Pita; ó fondo, a Dársena. Imaxe: @FundacionBarrie vía X.
  • Onceta, Illas de Ons, na boca da Ría de Pontevedra, nos anos 80. Imaxe: @FundacionBarrie vía X.
  • Montefurado, xacementos auríferos explotados polos romanos (arriba) e Pontevedra (abaixo), ambas fotografías tomadas nos anos 80. Imaxe: @fundacionbarrie vía Instagram.
  • Campos de cultivo á beira do Miño, ao norte de Lugo, nos anos 80. Imaxe: @fundacionbarrie vía Instagram.
  • Cabo Vilariño nos anos 80. Imaxe: @fundacionbarrie vía Instagram.
  • Castelo de Monterreal, hoxe Parador Nacional Conde de Gondomar, en Baiona, nos anos 80. Imaxe: @fundacionbarrie vía Instagram.
  • Catedral de Ourense nos anos 80. Imaxe: @FundacionBarrie vía X.

As imaxes inclúen escenarios rurais e urbanos das catro provincias da comunidade, dende catedrais ata campos de cultivo e múltiples accidentes xeográficos. Todas elas comparten a perspectiva da súa toma: a vista dende o ceo.

Publicidade

As pezas foron capturadas dende helicópteros por un grupo de especialistas do Exército de Aire. O propósito desta publicación foi conmemorar o Día das Forzas Armadas compartindo unha «perspectiva que só uns poucos teñen o privilexio de disfrutar», explican dende a Fundación Barrié.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona