Voar sobre Rande ou a Torre de Hércules: así funciona este simulador de voo con tecnoloxía 3D

A ferramenta World Flight Sim emprega datos cartográficos avanzados e ofrece unha experiencia inmersiva e gratuita dende o navegador

As vistas da Ponte de Rande ao achegarse a Vigo dende o aire. Ou a silueta da Torre de Hércules dominando o Atlántico na Coruña. Ata hai pouco, para gozar destas panorámicas facía falta un billete de avión. Agora xa non. O simulador World Flight Sim permite sobrevoar calquera recuncho do planeta grazas aos datos de Google Maps 3D Tiles, ofrecendo unha representación fotorrealista do territorio. Trátase dunha ferramenta gratuíta, accesible dende navegadores como Chrome, Edge, Safari ou Firefox, que xa conquistou a usuarios en cidades tan visitadas como Nova York, París ou Tokio. Pero desta volta, o foco está en Galicia.

A aplicación ofrece a posibilidade de escoller entre tres avións moi distintos: o Cessna 172, ideal para voos tranquilos e contemplativos; o Airbus A320, que recrea a experiencia da aviación comercial; e o F-16, para voos de alta velocidade e manobrabilidade. Ademais, inclúe tres modos de xogo. No Free Flight, o usuario pode explorar libremente calquera cidade cos controis do ordenador. O Career Mode propón unha progresión: comezas cunha avioneta básica e, a medida que acumulas horas de voo sen incidentes, desbloqueas novos destinos e avións. Pola súa banda, o Photo Mode incorpora ferramentas de cámara e filtros para capturar imaxes aéreas de monumentos e paisaxes.

Publicidade

Galicia dende o aire

Dende GCiencia puxemos a proba a opción libre e subimos aos ceos nun Cessna 172 para percorrer Galicia dende outra perspectiva: a Catedral de Santiago, a inmesidade da Terra Chá e as montañas de Ourense. Unha viaxe con tecnoloxía 3D que demostra que, ás veces, abonda cun navegador para cambiar o punto de vista.

  • Vistas da Coruña dende as alturas coa ferramenta World Flight SIM.
  • Vistas das montañas ourensás dende as alturas coa ferramenta World Flight SIM.
  • Vistas da Catedral de Santiago dende as alturas coa ferramenta World Flight SIM.
  • Vistas da Terra Chá (Lugo) dende as alturas coa ferramenta World Flight SIM.
  • Vistas de Vigo dende as alturas coa ferramenta World Flight SIM.

Podes acceder a World Flight Sim na seguinte ligazón.

Publicidade

1 comentario

  1. Ningunha queixa, só animar a seguir nesta liña informativa que esperta curiosidade nos propios, e tamén certa envexa en alleos, púideno comprobar hai uns días mentres que presumía diso de; os galegos temos…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha noite máxica: estas son as imaxes da eclipse do 12 de agosto en Galicia

O evento congregou grandes grupos de persoas tanto dentro da franxa de totalidade como na de parcialidade

Un 12 de agosto histórico: a eclipse total que escureceu o día en Galicia

Miles de persoas levantaron a vista ao ceo e sentiron o silencio e frío que acompañaron os minutos nos que a Lúa ocultou por completo o Sol

EN DIRECTO | A Coruña vive a eclipse entre nubes, cunha coroa solar apenas visible

A totalidade durou un minuto e 16 segundos na cidade, mentres que noutros puntos de Galicia, como Sigüeiro, durou menos con ceos despexados

Galicia vivirá unha xornada astronómica única: o máximo das Perseidas chega tras a eclipse total de Sol

As condicións serán favorables para contemplar ata 200 meteoros por hora durante a noite do 12 ao 13 de agosto, con nubosidade prevista no norte da comunidade