Así se ve a Terra en tempo real e en 4K dende a Estación Espacial Internacional

A plataforma SatélitesArg reúne emisións da NASA e da empresa británica SEN para mostrar paisaxes do planeta a 400 quilómetros de altitude

Imaxina poder ver a Terra dende o espazo en tempo real e con calidade cinematográfica. Agora isto é posible grazas a SatélitesArg e á súa plataforma dedicada ao seguimento de satélites. Na súa páxina web intégranse dous streamings que permiten observar paisaxes terrestres a uns 400 quilómetros de altura dende casa e en 4K: por unha banda, a retransmisión oficial da NASA; pola outra, a de SEN, unha empresa británica que emprega os seus propios satélites e cámaras para amosar imaxes en directo do planeta dende a Estación Espacial Internacional (ISS). A imaxe que acompaña este artigo corresponde ao seu paso por Casaquistán, preto da fronteira con Rusia, onde se aprecia unha ampla extensión cuberta de neve.

Segundo o momento no que se acceda á web, pódense ver diferentes vistas da Terra. En ocasións móstranse paisaxes espectaculares do planeta e, noutras, o interior da estación espacial, onde ás veces se pode observar o traballo dos astronautas ou mesmo o centro de control situado en Houston. Con todo, non sempre é posible ver algo: cando a ISS sobrevoa o lado nocturno da Terra ou se produce unha perda de sinal dos satélites en retransmisión, a pantalla pode permanecer en negro durante un tempo.

Publicidade

Como complemento ao vídeo, a plataforma inclúe un mapa interactivo que sinala a traxectoria exacta da Estación Espacial Internacional, cunha liña amarela que indica a súa dirección de movemento. Ao escribir esta información, a ISS atópase no medio do océano Pacifico, ao leste de Indonesia, e a retransmisión vese completamente en negro. Cómpre salientar que estación viaxa a 27.600 km/h polo espazo, de tal forma que completa unha volta completa arredor da Terra aproximadamente cada 90 minutos.


Podes consultar a ferramenta de SatélitesArg na seguinte ligazón.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo