EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Obstáculos da carreira investigadora

A enxeñeira Soledad Torres, a bióloga Iria Gómez Touriño e a enfermeira Ainara Díaz Geada participan na última sesión do ciclo de GCiencia e da Deputación de Pontevedra

A cuarta e última sesión de Ciencia en feminino aborda os obstáculos aos que se teñen que enfrontar as mulleres científicas ao longo da carreira investigadora. Nesta actividade de GCiencia en colaboración coa Deputación de Pontevedra participan a enxeñeira en telecomunicacións da Universidade de Vigo (UVigo) Soledad Torres Guijarro; a bióloga molecular Iria Gómez Touriño do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade de Santiago (USC); e a enfermeira e investigadora na área de Epidemioloxía da USC Ainara Díaz Geada. A sesión inaugúraa a coordinadora da Área de Igualdade da Deputación de Pontevedra, Sandra Bastos, e condúcea a xornalista de GCiencia Laura Filloy.

O ciclo Ciencia en feminino chega á súa fin tras catro semanas consecutivas de entrevistas e mesas redondas en liña. Emitíronse todos os mércores de marzo ás 19 horas nas canles de GCiencia. O programa arrincou coa inmunóloga África González, que recibiu o Premio María Josefa Wonenburger en 2025. Continuou o 11 de marzo cunha mesa redonda na que participaron Laura Castro, Gloria González e Beatriz Fernández sobre como derrubar os estereotipos que aínda rodean a muller científica. O 18 foi o día de Elena Vázquez Abal, matemática e divulgadora. Xa podes ver e escoitar todas as entrevistas na canle de Youtube de GCiencia ou nas nosas plataformas de pódcast.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un ciclo de divulgación científica leva a investigación sobre Galicia a seis vilas do Camiño de Santiago

A iniciativa de Observer ‘Camiños de Ciencia’ celebrarase entre setembro e novembro con charlas gratuítas arredor da arqueoloxía, xeoloxía ou astronomía

O equipo de Santa Clara cre que o cerebro saponificado pertenceu a unha monxa de entre os séculos XVII e XIX

O órgano atopouse durante e escavación de tres tumbas no coro baixo da igrexa e agora está depositado nunha cámara frigorífica da USC para garantir a súa conservación

A escavación no convento de Santa Clara saca á luz un cerebro ben conservado, un achado único na península

O equipo detrás do descubrimento asegura que só hai tres casos máis no mundo en Arxentina, Chile e Italia de características semellantes

O Castelo de Soutomaior convértese no escenario dun videoxogo para descubrir o seu patrimonio medieval

A Deputación de Pontevedra lanza ‘O Códice da Liberdade’, que combina investigación e realidade aumentada para achegar a historia ás novas xeracións