EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Mesa redonda: como derrubar os estereotipos da muller científica

A segunda sesión do ciclo contará coa participación das investigadoras galegas Laura Castro, Gloria González e Beatriz Fernández

A segunda sesión de Ciencia en feminino contará coa participación das investigadoras galegas Laura Castro Souto, Gloria González Fortes e Beatriz Fernández Domínguez, que intervirán nunha mesa redonda sobre centrada en como derrubar os estereotipos que aínda pesan sobre a muller científica. Para iso, reuniranse unha experta en intelixencia artificial, unha paleontóloga e unha física, respectivamente, tres disciplinas tradicionalmente masculinizadas nas que a presenza feminina continúa a ser minoritaria. Durante a conversa abordarán cuestións como a presenza de referentes na súa infancia, a imaxe social da muller científica, os seus inicios na investigación, as dificultades de conciliación e os retos que presenta a intelixencia artificial na perpetuación de estereotipos de xénero.

Ciencia en feminino celebrará as restantes sesións os mércores do mes de marzo ás 19 horas. A seguinte sesión, o 18 de marzo, convida a catedrática de Matemáticas da Universidade de Santiago (USC) Elena Vázquez Abal, unha figura de recoñecido prestixio no eido da divulgación. O ciclo pecharase o día 25 da man das investigadoras Soledad Torres, Iria Gómez e Ainara Díaz, coas que se abordarán os principais obstáculos da carreira investigadora para as mulleres.

Publicidade

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Claves médicas e ética da conxelación de óvulos das futbolistas da selección

A técnica médica ofrece unha vía para adiar a maternidade, pero tamén abre o debate sobre se a atleta debe adaptar o seu reloxo biolóxico. Por Adrián Villalba Felipe

Ser invisible

Un informe sobre nutrición e menopausa apóiase en estudos realizados en homes. Por Laura Filloy

Un estudo pioneiro analizará as necesidades sociais de mulleres con enfermidades crónicas en Galicia

A Fundación “la Caixa” selecciona o proxecto FEMFIT360-SOCIAL do IIS Galicia Sur para identificar barreiras e co-deseñar solucións comunitarias

“Aos seis anos, a presión cultural xa fai efecto e as nenas deixan de verse capaces de calquera cousa”

A enxeñeira Soledad Torres Guijarro participou xunto á bióloga Iria Gómez Touriño e á enfermeira Ainara Díaz Geada na última sesión de Ciencia en feminino