EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Entrevista con Elena Vázquez Abal

A matemática recibiu o Premio de Divulgación Científica 2024 por unanimidade pola súa carreira investigadora e docente

A terceira sesión de Ciencia en Feminino chega cunha charla coa matemática Elena Vázquez Abal. O ciclo de charlas e mesas redondas de GCiencia en colaboración coa Deputación de Pontevedra co gallo do 8M. Así, falamos coa catedrática da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e galardoada por unanimidade co Premio de Divulgación Científica 2024 da súa experiencia como muller nun ámbito masculinizado como as matemáticas, da situación da muller e a nena na ciencia, e do camiño que aínda queda por percorrer para facer da ciencia un espazo máis inclusivo.

O ciclo de Ciencia en Feminino chega ao seu fin. Pecharase o día 25 da man das investigadoras Soledad Torres, Iria Gómez e Ainara Díaz, coas que se abordarán os principais obstáculos da carreira investigadora para as mulleres.

Publicidade

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O equipo de Santa Clara cre que o cerebro saponificado pertenceu a unha monxa de entre os séculos XVII e XIX

O órgano atopouse durante e escavación de tres tumbas no coro baixo da igrexa e agora está depositado nunha cámara frigorífica da USC para garantir a súa conservación

A escavación no convento de Santa Clara saca á luz un cerebro ben conservado, un achado único na península

O equipo detrás do descubrimento asegura que só hai tres casos máis no mundo en Arxentina, Chile e Italia de características semellantes

O Castelo de Soutomaior convértese no escenario dun videoxogo para descubrir o seu patrimonio medieval

A Deputación de Pontevedra lanza ‘O Códice da Liberdade’, que combina investigación e realidade aumentada para achegar a historia ás novas xeracións

Pontevedra prepárase para a eclipse de agosto cunha rede de observación integrada por 42 concellos

O proxecto ‘Baixo o Ceo das Rías Baixas’ impulsa o astroturismo e promove espazos organizados para seguir o fenómeno astronómico do ano