O incendio de Dodro e Rianxo xa se ve desde o espazo

O instrumento Modis do satélite Terra da NASA rexistra como a columna de fume do incendio no Barbanza se adentra no océano Atlántico

Mentres os últimos datos do incendio de Dodro e Rianxo, que comezou onte á noite no lugar de Bexo, moi preto do río Ulla, seguen aumentando a superficie queimada, unha imaxe que chega desde fóra do planeta xa dá conta da magnitude do lume. O satélite Terra da NASA, mediante o seu instrumento MODIS, retratou este martes a gran columna de fume que o vento do nordés empurra cara ao Atlántico nun lume que comezou en Dodro e supera xa as 850 hectáreas queimadas.

As imaxes do Terra reflicten tamén os incendios que afectan ao norte de Portugal nas últimas horas, como o que está tendo lugar preto de Viana do Castelo.

Publicidade

O lume queima máis de 1.000 hectáreas nas últimas horas

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Arden máis os espazos protexidos? Cando os datos non xustifican o relato

Os estudos dispoñibles non demostran que a protección aumente o risco de incendio nin que unha maior intervención sobre a vexetación sexa a resposta

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble