O maior incendio desde 2017 afecta a máis de 1.000 hectáreas en Dodro e Rianxo

Unha faísca dunha torre de alta tensión, causa "bastante probable" do lume, segundo informou o vicepresidente na Xunta no lugar do incendio

O incendio forestal que comezou o luns á noite a carón do comezo da ría de Arousa, preto de Bexo (Dodro) e se propagou de madrugada a Rianxo, é o maior que se produce en Galicia desde o desastre de outubro de 2017, cando arderon decenas de miles de hectáreas nunha soa fin de semana. Os últimos datos da Xunta, cando se anunciou a extinción do lume, estiman que arderon 1.162 hectáreas, 1.092 de monte arborado e 70 de raso.

A superficie afectada polo incendio, moi próxima a autoestrada e na súa maior parte dominada por unha masa mesta de eucaliptos e piñeiros, foi aumentado rapidamente co paso das horas do martes, debido á refachos de nordés que superaron os 60 km/h.

Publicidade

O incendio comezou o luns pasadas as 20 horas, e segundo declarou esta tarde a Europa Press o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, nunha visita a Rianxo, ten como causa “bastante probable” unha faísca que se desprendeu dunha torre de alta tensión. Unha posibilidade que tamén apunta a comunidade de montes Cruz do Avelán, segundo recolle La Voz de Galicia.

O lume achegouse a lugares como Bexo, Isorna, Meiquiz ou Burés.
O lume achegouse a lugares como Bexo, Isorna, Meiquiz ou Burés.

O avance das lapas provocou que se tomaran diversas medidas de precaución ao longo do día. Así, ás 12 do mediodía declarouse a situación pola proximidade ás vivendas no núcleo de Meiquiz, en Rianxo. Temporalmente estiveron tamén cortadas a autovía do Barbanza, que discorre entre as zonas máis afectados polo incendio, e a AC-305, que une Padrón e Ribeira. Do mesmo xeito, aínda que o lume non estaba moi preto, desaloxáronse polo fume o instituto Félix Muriel e a escola unitaria de Rañó.

Publicidade

Foi precisamente a columna de fume, empurrada cara ao Atlántico polo vento do nordés, o que propiciou que os sinais do incendio se viran desde bastantes quilómetros de distancia. E mesmo desde o espazo, xa que o satélite Terra da NASA retratou a gran fumareda.

O incendio de Dodro e Rianxo xa se ve desde o espazo

Incendios no Barbanza, As Pontes e Ourense

Non en tanto, o de Dodro e Rianxo non foi o único incendio que se produciu o martes na zona do Barbanza. Ás 20 horas quedaban extinguidos dous focos, moi próximos entre si, que queimaron 77 hectáreas nas parroquias de Argalo (Noia) e Tállara (Lousame).

Ás 13 horas quedou controlado o incendio no municipio coruñés das Pontes de García Rodríguez, na parroquia do Freixo, que segundo as últimas estimacións afectou unha superficie de arredor de 15 hectáreas de monte raso.

Cara as últimas horas do martes, a preocupación trasladouse tamén a Ourense, onde varias fontes daban conta de varios incendios que se iniciaron en lugares como Santigoso (O Barco de Valdeorras) e Queizás (Verín).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cen anos d’O Mariscal, a obra teatral que pintou a Pardo de Cela como símbolo das liberdades galegas

A Real Academia Galega celebrará un acto conmemorativo de entrada libre o xoves 15 ás 16:30 horas no Museo de Ramón Cabanillas, en Cambados

Galicia avalía a realidade virtual como alternativa para tratar as fobias específicas

Un informe de Avalia-t analiza a súa eficacia fronte a outros modos de terapia de exposición, o tratamento recomendado polas Guías de Práctica Clínica

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua