Xoves 28 Marzo 2024

A Memoria Dixital cobra forma en Galicia

Amtega apoia con máis de 700.000 euros a dixitalización dos documentos de institucións e entidades de todo o país

A memoria do pasado é custodiada en Galicia por ducias de institucións e entidades que gardan milleiros de documentos en papel que corren risco de perderse pola acción do paso do tempo. Tamén poden sufrir danos cando son manipulados polos investigadores que buscan neles información para os seus proxectos. A dixitalización destes documentos impresos é unha tarefa inxente que moitas institucións aínda non iniciaron e que requiren unha importante achega económica para ser levada a cabo. Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia)  destina este ano 712.000 euros para a dixitalización de documentos de diversos concellos e entidades espallados polo país. É unha das liñas de actuación da iniciativa Memoria Dixital de Galicia, impulsada pola Amtega e a Consellería de Cultura e Turismo.

Documento a dixitalizar. Fonte: Museo do Pobo Galego, Fondo Blanco-Cicerón

A documentación que vai a ser dixitalizada ao longo destes meses é moi heteroxénea xa que os fondos documentais das entidades e institucións inclúen fotografías, manuscritos, publicacións seriadas, gravados, carteis, debuxos, folletos e ata partituras musicais. Dende logo que os investigadores serán o colectivo máis beneficiado pola dixitalización duns documentos que moitas veces son difíciles de atopar. Pero tamén o público en xeral vaise beneficiar da difusión do patrimonio documental existente en Galicia. Todos os recursos que se dixitalicen agora pasarán a formar parte do portal Galiciana, que é a porta de entrada a todos os fondos dixitais das bibliotecas, arquivos e museos de Galicia.

Publicidade

Mar Pereira, directora de Amtega, destacou na recente presentación do proxecto da Memoria Dixital de Galicia que se aposta polo establecemento de sinerxías e modelos de colaboración entre as entidades públicas, privadas e axentes con responsabilidade no patrimonio cultural para acadar o maior nivel de catalogación, preservación e difusión destes documentos, independentemente da súa ubicación e propiedade.

As diversas entidades participantes no proxecto recibirán subvención de ata 90.000 euros para levar a cabo o proceso de dixitalización dos documentos que posúen. Entre as institucións que axudan a desenvolver o proxecto se atopan o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega, o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento ou as Universidades públicas galegas.

O emprego de técnicas de dixitalización en 2D e 3D serán esenciais para dispoñer de copias dixitais de seguridade e para a elaboración de catálogos dixitais. Outras das innovacións tecnolóxicas previstas e a aplicación de solucións en mobilidade e a realidade aumentada, así como o  empregodo Big Data e Linked Open Data, que permitirá o tratamento masivo de datos que xerará a Memoria Dixital.

A Biblioteca da USC é unha das entidades que participan neste primeiro proceso de dixitalización. A súa directora explica que o seu proxecto afecta tanto a documentos da propia Biblioteca como do Arquivo. Vanse dixitalizar un total de 75.000 imaxes que proceden de 93 manuscritos da Biblioteca e 42 do Arquivo, que van do século XV ao XIX.

A Biblioteca e o Arquivo da USC van a dixitalizar preto de 75.000 imaxes de manuscritos entre os séculos XV e XIX

“O obxectivo é facer unha dixitalización de boa calidade para incluír os documentos no noso repositorio dixital Minerva y tamén en Galiciana”, indica Casal. Os manuscritos da Biblioteca pertencen aos séculos XVII e XVIII e a maioría están escritos en latín e castelán, aínda que tamén hai textos noutras linguas como alemán, francés ou italiano. Moitos manuscritos proceden dos colexios xesuítas de Santiago e Monforte e tamén do Mosteiro de San Martín Pinario. Tamén hai algún manuscrito de particulares. A maior parte son textos teolóxicos e filosóficos Entre os máis interesantes figuran un manuscrito alemán do século XIX de temática industrial ou unha obra de Xosé Cornejo de 1730 en defensa dos xesuítas.

Os manuscritos do Arquivo van do século XV ao XIX. Na súa maioría tratan sobre a xestión financeira de Universidade e teñen moito interese para os investigadores, tanto propios como alleos. Casal apunta que o período de dixitalización dos manuscritos será duns nove meses. Na Biblioteca xa comezaron está tarefa en 2008 e contan con 200.000 imaxes dixitalizadas do fondo patrimonial.

“É importante ser rigorosos neste tipo de procedementos”, indica Casal, quen tamén destaca a importancia da coordinación para evitar que se dupliquen os documentos dixitalizados. “Nós temos unha gran riqueza de patrimonio e non contamos cos fondos suficientes para dixitalizalo todo por iso son moi importantes estas axudas que agardamos que poidan ter continuidade para seguir con este traballo”, engade a directora da Biblioteca da USC.

Outra das institucións que participa neste proxecto é o Museo do Pobo Galego. A responsable da súa Biblioteca e Arquivo, Rosa Méndez, explica que a os fondos que se van a dixitalizar agora pertencen ao fondo de Ricardo Blanco Cicerón, un importante coleccionista numismático e de obxectos  arqueolóxicos, que faleceu en Santiago en 1926. Neste fondo existen numerosas fotografías e documentos de interese que é necesario preservar mediante a dixitalización.

Entre os documentos a dixitalizar se atopan fotografías dunha exposición rexional celebrada en 1909 na que participou o propio Blanco Cicerón e da que hoxe aínda se conservan os leóns de pedra que decoran a Alameda de Compostela.

A dixitalización dos documentos facilita a tarefa dos investigadores e tamén contribúe á súa mellor preservación

Méndez sinala que a dixitalización duns 9.000 documentos vai a facilitar moito a tarefa dos investigadores ao permitir unha manipulación máis sinxela dos textos. O Museo do Pobo alberga na súa Biblioteca e Arquivo fondos documentais moi importantes, como o de Antón Fraguas, figura elixida este ano para a celebración do Día das Letras. “No futuro gustaríanos poder seguir dixitalizando documentos porque temos material moi delicado e trátase dunha boa forma de preservar o arquivo”, apunta Méndez.

Todos os fondos que se dixitalicen agora e no futuro pasarán a formar parte da Galiciana, a biblioteca dixital de Galicia  que conta xa con máis de 1,7 millóns de páxinas e 175.000 obxectos dixitalizados procedentes de arquivos, museos, bibliotecas e outras coleccións E que será tamén a canle de difusión do noso patrimonio cara as redes transnacionais como pode ser Europeana.

Una das iniciativas que se completou no marco da Memoria Dixital é a dixitalización de preto de 370.000 imaxes e documentos procedentes do Catastro do Marqués de Ensenada, do Arquivo da Casa de Comercio e Banca Bengoechea e do xornal “El Pueblo Gallego”. Estes fondos xa están dispoñibles para a súa consulta a través do portal Galiciana.

A Memoria Dixital de Galicia conta cun orzamento público de 9,1 millóns de euros, dos cales 5 millóns proceden da cuarta liña estratéxica da Axenda Dixital de Galicia 2020, “Aceleración da Economía Dixital”, que  contempla actuación para a avanzar “Da preservación á accesibilidade dixital do patrimonio cultural”. Os  4,1 millóns restantes proveñen dunha candidatura conxunta da Xunta e 15 socios ao Programa Operativo Interreg para avanzar cara unha memoria dixital transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal, aliñada coa Memoria Dixital de Galicia.

1 comentario

  1. Hai una gralla e grave no localización das imaxes a correcta é:
    Museo do Pobo Galego : Fondo Blanco-Cicerón. Procurade correxir. grazas

    Rosa
    Biblioteca MPG

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

▪️ Expertos en tecnoloxía, ciencias e humanidades asesoran a Xunta para o uso ético da IA

A comisión de especialistas elabora recomendacións para impulsar accións formativas e a sensibilización na administación e empresas

A Plataforma Dixital Agroforestal de Galicia empregará intelixencia artificial ao servizo do campo

Agricultores, gandeiros e silvicultores poderán cumprir obrigas coa administración e vixiar as súas explotacións, entre outras funcións

As aulas CeMIT formaron a 900 persoas en impresión 3D, robótica ou programación

Amtega distribuíu máis 1.300 novos dispositivos este ano nunha rede que xa conta con máis de 113.000 usuarios

A incorporación de maiores a Internet aumenta en Galicia máis dun 15%

Un estudo elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información reflicte a redución da fenda dixital