A Amtega ofrece un catálogo de servizos para unha dixitalización inclusiva nos concellos

A axencia da Xunta ofrece máis de 40 solucións que engloban ámbitos como a administración dixital, a xestión do territorio, a ciberseguridade e a capacitación da cidadanía para a Internet

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon a disposición das entidades locais e das deputacións un catálogo de servizos dixitais que supera o medio cento de solucións, das que máis de 40 se prestan de maneira totalmente gratuíta aos concellos. “É un instrumento clave para impulsar a transformación dixital das administracións locais e garantir a igualdade de dereitos en todo o territorio”, destacou o director de Amtega, Damián Rey, nunha comparecencia celebrada no Parlamento galego este xoves.

“Este modelo evita que as entidades locais teñan que asumir investimentos en sistemas complexos e favorece unha xestión máis eficiente”, subliñou rey. O director da axencia puxo en valor que esta iniciativa é froito dunha colaboración institucional consolidada desde 2010 a través dun convenio coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), baixo a premisa de “non deixar a ninguén atrás”.

Publicidade

Acceso á administración dixital

No ámbito da administración dixital, o máximo responsable da Axencia autonómica destacou que, a día de hoxe, todos os concellos e as catro deputacións están integrados na Rede Corporativa da Xunta, o que lles proporciona conectividade segura de alta capacidade con servizos de datos, Internet e telefonía.

Ademais, 316 entidades están conectadas á rede SARA, o que facilita a súa interconexión co resto das administracións públicas. Un total de 259 empregan a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, mentres que 125 utilizan o sistema de licitación electrónica SiLEX. Tamén 127 entidades fan uso da plataforma de intermediación pasaXe! para o intercambio de información administrativa.

Publicidade

En materia de identidade dixital, 284 entidades dispoñen de servizos de certificación con máis de 1.000 certificados en vigor, e no ámbito das relacións coa cidadanía, 77 concellos utilizan o sistema de notificación electrónica Notifica.gal, mentres que 114 empregan o Rexistro das policías locais.

Sistemas para a xestión do territorio, ciberseguridade e capacitación cidadá

No ámbito da ciberseguridade, Rey destacou que a Xunta ofrece ás entidades locais ferramentas avanzadas, apoio técnico continuo e formación, coordinado por unha Oficina Técnica de Seguridade. Grazas a esta colaboración, en 2025 xeráronse máis de 4.000 alertas, xestionáronse arredor de 9.000 incidentes e formouse a máis de 1.000 empregados públicos nesta materia.

No eido do territorio, o director da Amtega destacou ferramentas como a Rede Galega de Emerxencias, con máis de 1.000 usuarios en 125 concellos, así como o visor de franxas secundarias (Xesbio2), o Rexistro de Informes de Avaliación de Edificios (REGIAE) ou o rexistro de licenzas de taxi.

Damián Rey destacou tamén o papel da Rede de Aulas CeMIT como instrumento clave de capacitación dixital da cidadanía, con 93 centros en 90 concellos e máis de 130.000 persoas usuarias.

O director da Amtega rematou a súa intervención facendo fincapé en que a transformación dixital das entidades locais “é un proxecto de país” baseado na igualdade, na cohesión e na colaboración institucional, e destacou que Galicia conta cun modelo consolidado que seguirá evolucionando para dar resposta aos novos retos tecnolóxicos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta lanza unha iniciativa para modernizar a Administración con tecnoloxías disruptivas

A iniciativa solucionará as necesidades do sector público con IA, datos e 5G para mellorar os servizos e a relación coa cidadanía

Da saúde á loita contra os incendios: estas son as máis de 20 iniciativas con uso de IA da Xunta

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica anuncia dez proxectos en fase de produción, e o resto en desenvolvemento, pilotaxe ou proba

A galega Alén Space participa nunha misión europea para reforzar a ciberseguridade dos sistemas espaciais

A posta en órbita do satélite marca o inicio dunha iniciativa pioneira na ESA, para a que a empresa de Nigrán deseñou a plataforma CubeSat 3U

Luz verde ao Pacto Dixital entre a Xunta e o sector das TIC para a modernización tecnolóxica de Galicia

A iniciativa impulsada pola Amtega busca abrir novas oportunidades de negocio, reducir a fenda dixital e promover a colaboración no ámbito da tecnoloxía