AMTEGA publica unha guía sobre ciberseguridade no fogar con consellos sobre teletraballo

Usuarios e traballadores atoparán respostas ás dúbidas sobre os efectos do Covid-19 na rede

O incremento do uso de internet en casa e do teletraballo pola crise da Covid-19 levou a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) a publicar unha completa guía con consellos e recomendacións sobre o uso seguro de internet no fogar. Na guía figuran algunhas claves relativas aos efectos da propia pandemia nas redes, como a de non descargar aplicacións non oficiais sobre a propagación da Covid-19 e evitar a difusión de contido non contrastado que pode chegar a xerar alarma na poboación.

A guía pode consultarse nas webs de Faite Dixital (https://faitedixital.xunta.gal/gl) e da propia Amtega (https://amtega.xunta.gal/portais/guias-de-teletraballo). A web de Faite Dixital publica ademais cada día novos post e consellos sobre ciberseguridade, teletraballo, saúde física, saúde mental, lecer, etc. Sen dúbida serán instrumentos moi útiles para tratar de compaxinar as responsabilidades laborais e persoais ás que moitos galegos teñen que enfrontarse no seu fogar como consecuencia da crise do coronavirus. As dúbidas que xurdan sobre calquera cousa relacionada con esta temática poden consultarse no correo cemit@xunta.gal.

Publicidade

Os consellos aos cidadáns e empregados que está a usar o teletraballo nesta semanas divídense en cinco grandes apartados. O primeiro fai referencia á necesidade de conectarse a internet a través dunha rede segura e cun equipo actualizado. Ademais incídese na necesidade de realizar as actualizacións de software pertinentes, navegar a través do protocolo HTTPS e utilizar contas de usuario para separar o uso profesional do persoal nun mesmo ordenador.

O segundo apartado refírese á necesidade de empregar ferramentas e programas autorizados. Neste sentido faise especial referencia ao uso de plataformas de traballo autorizadas pola organización á que se pertence e a estar especialmente alerta ante a chegada de correos electrónicos fraudulentos. Tamén se recorda que non se deben introducir credenciais ou datos persoais en páxinas de dubidosa lexitimidade.

Publicidade

Outro dos ítems da guía se refire á protección de datos e información. Aquí se fai referencia á necesidade de protexer os equipos con contrasinais seguros de alomenos 8 caracteres que combinen letras (maiúsculas e minúsculas), números e símbolos. Tamén hai que evitar facilitar datos persoais, bancarios ou sensibles sen verificar o solicitante, con especial atención ás peticións telefónicas.

A guía recolle un apartado específico con recomendación sobre a crise da Covid-19 no que se sinala que hai que evitar abrir documentos e arquivos adxuntos sobre esta temática, salvo que haxa absoluta seguridade de que son lexítimos. Ademais, non deben descargarse aplicacións non oficiais para coñecer o alcance internacional da pandemia e hai que evitar difundir contido non contrastado e que poda xerar alarma na poboación.

En referencia á Covid-19 recoméndase non difundir contido non contrastado ou que poda xerar alarma

O último apartado da guía inclúe consellos sobre o que se pode facer en caso dun problema de seguridade ou de ter dúbidas. Aquí se pide que sempre se sigan as recomendacións dos organismos con competencia en ciberseguridade como o INCIBE, CCN, AEPD, as forzas e corpos de seguridade ou a propia organización para a que traballamos. Se temos dúbidas se pode contactar coa liña de axuda do INCIBE no teléfono gratuíto 017 ou acceder á súa páxina web https://www.incibe.es/linea-de-ayuda-en-ciberseguridad.

Finalmente, é necesario avisar á organización á que pertencemos en caso de detectar un correo de ámbito laboral sospeitoso ou unha actividade anómala nos sistemas de información ou nas ferramentas empregadas durante o teletraballo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A revolución intelixente da Xustiza galega: o Plan Senda 2028 propón un sistema máis inclusivo

O Goberno galego aproba unha estratexia que introduce a intelixencia artificial no sistema xudicial, ten unha xestión bilingüe co programa Atenea e dota de ferramentas tecnolóxicas ás 268 oficinas municipais

A Amtega ofrece un catálogo de servizos para unha dixitalización inclusiva nos concellos

A axencia da Xunta ofrece máis de 40 solucións que engloban ámbitos como a administración dixital, a xestión do territorio, a ciberseguridade e a capacitación da cidadanía para a Internet

Madrid adopta tecnoloxía galega para xestionar as súas explotacións gandeiras

Amtega mantense como referente da xestión de recursos agrogandeiros coa sinatura dun novo convenio para ceder o uso de sistemas da oficina virtual de gandería