A Xunta lanza unha iniciativa para modernizar a Administración con tecnoloxías disruptivas

A estratexia GobTec Galicia solucionará as necesidades do sector público con IA, datos e 5G para mellorar os servizos e a relación coa cidadanía

A modernización da Administración xa é unha necesidade. A raíz desta problemática, a Xunta de Galicia lanza a Estratexia do Espazo GobTec Galicia, unha iniciativa para mellorar mediante o uso intensivo de tecnoloxías disruptivas en colaboración co ecosistema TIC galego. O obxectivo é incorporar ao funcionamento da Administración autonómica solucións innovadoras baseadas en intelixencia artificial, intelixencia de datos, ciberseguridade e 5G para mellorar a toma de decisións, optimizar procesos e ofrecer servizos públicos de calidade. Así, a Estratexia GobTec actúa como motor da innovación, identificando retos de interese público e promovendo o desenvolvemento de ferramentas tecnolóxicas que dean resposta a necesidades reais.

A estratexia establece un proceso estruturado para a implantación. En primeiro lugar, a identificación de necesidades do sector público; en segundo lugar, o desenvolvemento de solucións que non existen no mercado, en colaboración con empresas do sector tecnolóxico e centros de coñecemento; e en terceiro lugar, proxectos piloto para comprobar a validez das solucións e o seu posterior despregamento a grande escala.

Publicidade

Este enfoque permite testar novas tecnoloxías en contornas reais a través de probas de concepto ou contornas de experimentación tipo sandbox, e comprobar que sexan eficaces antes da súa implantación definitiva. Ademais, facilita que as iniciativas que realmente dean resposta aos retos formulados poidan escalarse e aplicarse, tanto dentro da Administración como noutros sectores.

Iniciativas en marcha

Para a execución da estratexia, a Xunta conta xa con dous acordos marco en marcha dos que se licitaron contratos derivados para o desenvolvemento de tres iniciativas. No ámbito educativo estase a traballar nunha Plataforma de análise e xestión de datos para recoller, organizar e explotar a información en tempo real para facilitar a toma de decisións máis áxil e precisa. 

Publicidade

Outro dos proxectos é a creación dun modelo avanzado de intelixencia artificial en galego, baseado en software libre, que poderá adaptarse a diferentes usos dentro da Administración, garantindo autonomía tecnolóxica e integración cos sistemas existentes. Ademais, está prevista a posta en marcha asistentes virtuais para mellorar a relación coa cidadanía e co persoal público, permitindo unha atención máis rápida, personalizada e multicanle nos servizos dixitais.

O TIC galego

A colaboración co ecosistema TIC galego é un dos piares fundamentais da Estratexia GobTec Galicia, que implicará empresas, startups, universidades e centros tecnolóxicos no desenvolvemento das solucións mediante comunidades de innovación, espazos de co-creación e iniciativas de colaboración público-privada. Este modelo permitirá fortalecer o tecido empresarial tecnolóxico, fomentar a innovación e xerar novas oportunidades económicas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Usar a IA sen entendela: que consecuencias ten para os estudantes?

Aínda que un 'chatbot' responda con confianza isto non garante a súa veracidade. Por Juan José Lorenzo Castiñeiras, Andrea Fernández-Sánchez e Isabel Fernández-Menor

Máis servizos electrónicos para administracións e cidadáns: así foi o balance dixital galego do 2025

O balance anual da Estratexia Galicia Dixital 2030, elaborado pola Amtega, recolle as medidas levadas a cabo no último ano e actualiza os obxectivos de cara ao final da década

Por que todos os carteis feitos con IA son iguais?

A intelixencia artificial acelera a estandarización visual ao empregarse os mesmos 'prompts' e ferramentas. Por Iria María Santos López

Unha plataforma desenvolvida en Vigo abre novas vías para a rehabilitación da cognición social con IA

O proxecto ET-Plus, impulsado polo IIS Galicia Sur, personaliza o adestramento de habilidades en persoas con patoloxías mentais graves ou adiccións