Unha plataforma desenvolvida en Vigo abre novas vías para a rehabilitación da cognición social con IA

O proxecto ET-Plus, impulsado polo IIS Galicia Sur, personaliza o adestramento de habilidades en persoas con patoloxías mentais graves ou adiccións

Unha plataforma dixital deseñada para avaliar e rehabilitar a cognición social en persoas limitadas por patoloxías mentais graves ou o uso de substancias. Esta é a base detrás do proxecto ET-PLUS, desenvolvido polo grupo Neurociencia Traslacional (NeuroSur) do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IIS Galicia Sur), que recibiu o Premio Coñecemento no encontro RIES 2026 tras dez anos de experiencia no campo coa investigación no marco dun proxecto previo, e-Motional Training.

A cognición social inflúe directamente en como as persoas entenden aos demais, regulan as súas respostas emocionais e se relacionan entre si. As perturbacións en persoas con esquizofrenia ou trastornos polo consumo de substancias poden contribuíra a conflitos interpersoais, dificultades familiares, laborais e sociais, impulsividade e dificultades para manter relacións estables. Con todo, ET-PLUS incorpora intelixencia artificial e tecnoloxías avanzadas para xerar personaxes, perfís socioculturais, e situacións sociais variadas. O obxectivo é aumentar o realismo, a personalización da formación e facilitar a adaptación a diferentes persoas, culturas e contextos.

Publicidade

Unha das novas liñas de aplicación está dirixida a un ambiente vulnerable e pouco explorado: as prisións. A alta presenza de problemas de saúde mental, trastornos por consumo de substancias, dificultades de regulación emocional e trastornos de personalidade entre a poboación encarcerada contrasta coa limitada dispoñibilidade de intervencións específicas en cognición social. O equipo xa está autorizado para iniciar un estudo no Centro Penitenciario de Cuenca (Castela-A Mancha) co obxectivo de avaliar a viabilidade, aceptación e posible impacto do programa.

Os antecedentes da investigación

Os antecedentes do estudo amosan unha grande eficacia na rehabilitación deste tipo de persoas facilitando o adestramento —a través de diferentes sesións de traballo co ou coa paciente— de capacidades sociais e emocionais de forma estruturada, accesible e motivadora. No caso da esquizofrenia, un ensaio clínico aleatorizado mostrou que os pacientes que completaron o programa e-Motional Training mostraron unha mellora significativa no recoñecemento facial das emocións en comparación co grupo control, especialmente no medo, tristeza e noxo.

Publicidade

No marco da convocatoria 2023 do Plan Nacional sobre Drogas, o programa incorporou unha perspectiva específica de sexo e xénero para responder ás necesidades das mulleres con trastornos por consumo de substancias e alcohol. A nova versión foi avaliada mediante un estudo multicéntrico realizado en 15 centros en España (entre eles, o centro Cedro, incluído no Servizo de Psiquiatría da Área Sanitaria de Vigo), que incluíu mulleres con trastorno por consumo de substancias e patoloxía dual. Os resultados revelaron importantes necesidades clínicas e sociais, coa presenza de ansiedade, depresión, TDAH e violencia de xénero, xunto con alteracións en diferentes ámbitos da cognición social, especialmente empatía, teoría da mente e estilo atribucional.

Un paso máis

O programa ET-PLUS avanza cara a novos escenarios de transferencia. Está a ser avaliado internacionalmente en Portugal —onde existe un interese institucional para explorar a súa futura incorporación nos programas de rehabilitación de adiccións— e Colombia, e o IMSERSO contactou co equipo para explorar a modernización e avaliación do programa na súa rede.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O centro galego Gradiant deseña un sistema de IA para verificar contidos audiovisuais e prever fraudes

A plataforma, destinada a empresas e medios de comunicación, recibe un premio internacional no eido da ciberseguridade

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Resucitar moléculas da Prehistoria contra as superbacterias: a nova fronteira dos antibióticos por IA

Os modelos xenerativos xa poden recuperar péptidos do ADN de especies desaparecidas e agora enfrontan o reto de converter os achados computacionais en medicamentos

Un proxecto galego crea ferramentas para detectar a sarcopenia a partir de imaxes radiolóxicas lumbares

Unha iniciativa do IIS Galicia Sur analiza datos clínicos con IA para extraer biomarcadores arredor dunha enfermidade ligada ao envellecemento e o sedentarismo