O chorro polar impulsa un episodio de calor que rozará os 40 graos en Galicia

MeteoGalicia activa avisos amarelos e laranxas por temperaturas máximas nas Rías Baixas, Ourense e o sur de Lugo

O chorro polar traerá de volta unha masa de aire cálida a Galicia. As provincias do sur da comunidade serán as máis afectadas polo impacto das altas temperaturas de xeito local, concretamente no interior, litoral das Rías Baixas e o suroeste da Coruña. Así, MeteoGalicia activa a alerta amarela por calor durante o luns 27 de xullo na costa pontevedresa e na zona do Miño por máis de 34 graos, e no sur de Lugo e Miño de Ourense por superar os 36. Durante o martes, o aviso estenderase ao sur e noroeste de Ourense e Valdeorras, e rexistrarase unha alerta laranxa no Miño de Ourense, área que poderá chegar aos 39 graos.

Estes son os efectos dun profundo meandro, combinado co rexurdimento da dorsal subtropical dende o norte de África, tal e como anuncian dende o portal meteorolóxico Meteored, unha tendencia que leva dándose dende comezos do verán en Europa. En Galicia chega coa influencia das altas presións, con ceos despexados en todo o territorio, con algunha nube na Mariña lucense.

Publicidade

Segundo a previsión de MeteoGalicia, Ourense rozará os 40 graos o martes e Lugo acadará os 35. Pontevedra chegará aos 34, como ocorrerá en Santiago de Compostela e Vigo. Ferrol notificará 30 graos durante o luns e A Coruña 28, rexistrando as temperaturas máis moderadas. Con todo, os valores irán descendendo de xeito notable co paso dos días e, a partir do xoves, aumentará a porcentaxe de chuvia no norte e interior do territorio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro