O desprazamento do chorro polar fará caer as temperaturas na fin de semana en Galicia

Meteogalicia advirte dun tempo cambiante con bochorno e risco de tormentas, e os modelos europeos prevén un descenso térmico a partir do venres

As temperaturas ascenderán en Galicia durante a xornada do martes 21 de xullo, sobre todo en puntos do oeste da comunidade. Con todo, o tempo será cambiante, con claros, bochorno e risco de tormentas, segundo informa Meteogalicia dende o perfil da rede social X. A partir do venres, o chorro polar descenderá de latitude, o que provocará que as altas presións se despracen cara ao sur. Desta forma, segundo as últimas actualizacións dos modelos europeos, a situación favorecerá que unha DINA cruce a península ao longo da fin de semana, deixando un descenso térmico e tormentas localmente moi intensas, cunha distribución aínda sen precisar.

Un dos escenarios posibles é que a DINA, acompañada por unha masa de aire fría, avance polo norte peninsular empurrando a dorsal e provocando o descenso das temperaturas. Con todo, os modelos prevé unha suba dos valores dos termómetros de forma importante a semana que vén, segundo informa Meteored.

Publicidade

Días previos de calor

A pesar do descenso de temperaturas que se vivirá nos próximos días, a calor segue instalada en Galicia ata o venres. A Xunta meso activa durante o luns a alerta amarela por episodio de calor na área isoclimática de Valdeorras. Ourense acadará, e mesmo superará, os 35 graos. 

Con todo, no resto do territorio as temperaturas serán elevadas, aínda que cunha alta probabilidade de chuvia nalgunhas zonas como Santiago de Compostela. Lugo pasará dos 29 graos o luns aos 32 graos do xoves. 

Publicidade

As áreas máis litorais, como A Coruña, Ferrol e Vigo, contarán con temperaturas máis moderadas, con temperaturas en descenso ata o xoves, data límite que permite consultar Meteogalicia na súa previsión. 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro