Sistemas de proxección: estas son as alternativas da observación directa durante a eclipse total

Os optometristas de Galicia inician unha campaña de recomendacións para poder desfrutar do fenómeno de forma segura

Galicia será escenario do evento astronómico do ano en menos dun mes: a eclipse total de Sol do 12 de agosto. Con este motivo, o Colexio Oficial de Ópticos Optometristas galego presenta unha campaña con recomendacións para poder desfrutar deste fenómeno de forma segura, con especial fincapé na visión. Neste escenario, as lentes de eclipse con certificación ISO 12312-2:2015 son imprescindibles para a súa observación e, entre as advertencias máis relevantes, nunca se debe mirar o Sol directamente, mesmo se está nublado ou se ve débil, e non se deben empregar en ningún momento lentes de sol convencionais, aínda que sexan moi escuras. Pero esta non é a única forma de observar a eclipse.

Entre as alternativas existentes, o Colexio sinala os sistemas de proxección como métodos útiles, xa que permiten observar o fenómeno con seguridade sen necesidade de mirar directamente ao Sol, senón a súa imaxe proxectada. Algúns exemplos son a cámara escura ou a proxección sobre unha parede.

Publicidade

Para crear unha cámara escura precísanse dúas cartolinas, unha cun pequeno buraco, e outra de costas ao Sol, de tal xeito que a luz pase polo oco e apareza reflectido na segunda cartolina, situada a dous ou tres palmos de distancia e á sombra da primeira. Outro método de observación consiste en proxectar sobre unha parede que estea á sombra ou sobre o teito a imaxe do Sol obtida cun espello plano de man, cuberto cun papel ao que se lle curta un buraco de entre 5 e 10 milímetros de diámetro.

Mentres que estas alternativas si que son seguras na contemplación do fenómeno astronómico, o Colexio apunta que non é seguro usar outros métodos caseiros como os filtros de soldador, os cristais afumados, as radiografías, CD ou as lentes de sol superpostas, nin ningún outro método caseiro.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Sete segundos de escuridade

Unha experiencia máis sobre a eclipse total do 12 de agosto, escrita por unha xornalista de GCiencia. Por Andrea Veiga

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns

A eclipse solar vista dende o espazo: así é a sombra que se proxectou sobre a Terra

As imaxes do Meteosat de terceira xeración, tomadas a 36.000 quilómetros de altitude, amosan o camiño da Lúa xusto antes da chegada da noite

Unha noite máxica: estas son as imaxes da eclipse do 12 de agosto en Galicia

O evento congregou grandes grupos de persoas tanto dentro da franxa de totalidade como na de parcialidade